A Corporación Municipal ribeirense debaterá sobre a lei de acuicultura que ten en pé de guerra ao sector do mar

A concelleira e responsábel de pesca do BNG Ribeira, Pilar Sampedro presentou unha iniciativa plenaria que se debaterá o luns 25 de xaneiro, para que Ribeira rexeite unha lei nefasta para o sector.
Despois de consultar a letrados, economistas, biólogos e diversos colectivos (mariscadores, mariñeiros, bateeiros…) relacionados co mar, e a pesar de que nos expoñen un anteproxecto de Lei de Acuicultura para Galiza que tardaron en redactar 8 anos e no que soamente nos deixan pouco mais que semanas para presentar alegacións, chegamos ás seguintes conclusións.

O desenvolvemento acuícola que se pretende amparar con esta Lei consiste en entregar os lugares mais valiosos da Costa Galega ás multinacionais do sector.
Estamos falando, pois, dunha forma enOs edís nacionalistas, Luís Pérez Barral, Pilar Sampedro Laranga e Xosé Vázquez Cobas. BNG Ribeira cuberta de beneficiar a empresas multinacionais en detrimento dunha forma de explotación dos recursos propios de xeito artesanal e colectivo, que veñen demostrando desde tempos inmemoriais, a pesar dos poucos apoios da administración, que sempre seguiu a ser sostíbel.

A ocupación e privatización da costa ten un verdadeiro carácter neocolonial e totalmente lesivo para a xente, no seu conxunto, que vive das nosas rías e de todo o litoral galego en xeral, xa que non respecta o dominio público, a propiedade comunal nin as pequenas propiedades familiares.
As empresas tomarán posesión mediante negociacións forzosas e indemnizacións ridículas, e iso nos casos en onde haxa indemnizacións, porque tamén se podería expropiar.

O argumento de que as empresas acuícolas supoñen unha creación de postos de traballos é falsa, dado que son empresas altamente tecnificadas e manexadas por moi escaso persoal e os empregos que fosen a crear nunca suporían mais que un 2% dos que destruísen. Contar tamén coa redución de postos indirectos derivados da labor de mariscadoras e mariñeiros, mais a repercusión que esta lei conlevaría na sociedade en conxunto, no comercio de proximidade e en todos os servizos en xeral, estamos falando duns 33.000 postos de traballo en risco.

A transformación de autorización administrativa en concesións administrativas suporían unha auténtica aberración dado que calquera Confraría se vería imposibilitada á hora de competir economicamente coas multinacionais, sobre todo se temos en conta de que as confrarías son entidades sen ánimo de lucro e baseadas na colectividade e no beneficio público.

Asemade a expansión acuícola tal como vén reflectida supón o desmantelamento do sector pesqueiro tradicional, por varios motivos:

A ocupación da franxa litoral en terra sen especificacións concretas.

A zona de protección que se tería que establecer arredor destas explotacións, non deixando empregar ningún tipo de arte de pesca nunha marxe previamente establecida de superficie mariña, feito que conlevaría a unha total desocupación do mar, pouco a pouco, da pesca artesanal e en beneficio destas industrias.

A degradación do medio mariño (sedimentos, peixes mortos, químicos, antibióticos…).

A indefensión d@s mariñeir@s e mariscador@s ante a desproporcionada competencia económica e financeira das multinacionais, competencia que ademais se apoia con diñeiro público.

Asemade contamos con estudos ao respecto que nos informan que tanto en salubridade como ecoloxicamente tería un impacto negativo (cadea multitrófica ou un mínimo respecto por Rede Natura e outros espazos de interese paisaxístico e ecolóxico por poñer exemplos).

Pilar Sampedro e Xosé Vázquez CobasAparte, e dende o eido administrativo, tamén temos que considerar que o carácter supramunicipal do proxecto incidiría nunha verdadeira atadura de mans para os concellos que se visen implicados e que non as poderá paralizar por moito que prexudique aos seus sectores produtivos.

Galiza xa conta con unha planta acuícola natural, cuxo rendemento biolóxico está entre os mais altos do mundo, as nosas rías. Na rexeneración ambiental destas está a única posibilidade de manter e desenvolver actividades de aproveitamento dos recursos mariños e de milleiros de postos de traballo verdadeiramente sustentábeis.

Ante todo iso, a mariscadora e concelleira do BNG, Pilar Sampedro solicitará do Concello de Ribeira o seguinte acordo:

A) Ante o Pleno do Concello de Ribeira que este esixa a retirada do Anteproxecto de Lei de Acuicultura anteriormente referido e o inicio de contactos cos sectores afectados para que calquera outro Anteproxecto de Lei futuro ao respecto sexa consensuado e redactado desde a base e contando con ditos sectores.

B) Que o Concello de Ribeira se comprometa firmemente coa defensa dos sectores produtivos tradicionais do mar.

C) Trasladar o acordo á Xunta de Galicia, á Consellería de Pesca e aos grupos parlamentares.

Vídeo: O BNG súmase ás voces contra a lei de acuicultura de Galiza

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *