O BNG recolle as queixas da veciñanza de Aguiño ante unha obra

O Bloque Nacionalista Galego recibiu queixas polas molestias que ocasionou a obra que se está a levar a cabo na rúa da Cerca de Aguiño, sobre todo no relativo á parálise da obra durante o nadal.

Ante as queixas recibidas o grupo municipal do BNG no Concello de Ribeira interesándose pola execución da obra para informarlles de todo co máximo detalle á veciñanza e estivemos incidindo para que a actuación se axilice todo canto sexa posíbel, ocasionando as mínimas molestias.

O prazo para a execución é de 3 meses e que o convenio da construción, aplicábel a toda a provincia da Coruña, recoñece o dereito dos seus traballadores e traballadoras a teren O BNG recolle as queixas da veciñanza de Aguiño ante unha obravacacións durante o nadal, de aí a pausa que houbo. Isto non é exclusivo desta obra senón que pasou en todas as actuacións que se están a realizar no municipio.

Por outra banda, a semana pasada os edís Xosé Vázquez Cobas e Luís Pérez Barral acudiron até a rúa da Cerca para falar con veciños afectados e inspeccionar a obra e os problemas que hai coa abundancia de auga nesta zona e puidemos saber que, de maneira simultánea con esta obra, procederase á instalación dun bombeo conectado coa rede de saneamento co se pretende sacar toda a auga que recolla a rede. A instalación deste bombeo realizarase durante a obra e non despois, dicimos isto porque había posibilidade de que este bombeo non puidera realizarse agora e tivera que quedar para despois.
Finalmente, a rúa será asfaltada unha vez o terreo estea seco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *