O PP pretende consolidar a privatización do persoal deportivo do Concello de Ribeira

A sombra da privatización do ámbito deportivo no Concello de Ribeira xa non é un rumor, o goberno en minoría do PP pretende consolidar a privatización de todo o monitorado deportivo (persoal piscina, pádel, mansaxe, fitness, socorrismo, etc).
A proposta do PP é a de contratar unha empresa por 1.160.000€ por un período de 4 anos, para que xestione todas as actividades deportivas que se leven a cabo en instalacións públicas.
A privatización sería 360.000€ máis caro que a prestación do servizo  de maneira publica.A Fieiteira. Ribeira. Foto Cotecno

Unha vez examinada toda a documentación que nos foi proporcionada, os edís do BNG puxéronse a traballar nunha proposta diferente baseada na prestación dun servizo público de calidade.

A alternativa presentada polo BNG é a de manter o servizo público coa maior convocatoria de emprego público feita en anos, con preto de 20 prazas se sumamos un aumento de axentes da policía local e reforzo do departamento de urbanismo. Sería unha convocatoria dun concurso-oposición baseado na igualdade, mérito e capacidade para acceder ás prazas públicas de emprego. A nosa proposta de sacar as 13 prazas do monitorado foi exposta ante todos os grupos con representación na Corporación Municipal.

No BNG defendemos a nosa proposta en base ao artigo 26 da lei 7/1985 Reguladora das Bases do Réxime Local onde establece que os servizos mínimos que un concello de máis de 20.000 habitantes debe prestar, son os seguintes:

alumeado público, cemitierio, recollida de residuos, limpeza viaria, abast. de auga, depuración, pavimentación de rúas, protección civil, servizos sociais, prevención e extinción de incendios e instalacións deportivas de uso público.

O BNG contactou cos servizos xurídicos da Deputación da Coruña e co secretario municipal para confirmar a viabilidade da nosa proposta de facer unhas oposicións públicas para a contratación do persoal deportivo. Este asesoramento avala e confirma que é legal e posíbel realizar oposicións para crear esas 13 prazas de emprego público de persoal deportivo e ademais confirman que en base a ese artigo da lei 7/1985 esa prestación pode considerarse “un servizo público esencial”.

Comparecencia dos concelleiros Antón Parada, Xosé Vázquez Cobas, Luís Pérez Barral. BNG RibeiraNo Bloque Nacionalista Galego traballaremos para que os demais grupos da Corporación non voten favorabelmente á proposta do goberno de consolidar a súa privatización e que dunha vez por todas, se fagan as cousas de maneira diferente, defendendo os servizos públicos, os servizos de todo o pobo.


Vídeo:
O BNG contra a privatización do monitorado deportivo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *