O voluntariado de Nós Candidatura Galega pon en valor o seu traballo e cifra o aforro para as arcas públicas en 400.000€

Esta mañá de sábado, membros do BNG partido que forma parte de Nós Candidatura Galega, xunto con outras formacións e persoas sen adscrición política, estiveron diante do palco de música do Malecón de Ribeira nunha acción reivindicativa de ensobrado na rúa.Nós Candidatura Galega en Ribeira

Recentemente, o Tribunal de Contas pediu facturas e xustificantes de pago de empresas que lle realizan o ensobrado e o reparto do material a Nós e, ao explicarlles que non había porque o facía o voluntariado, non o creron e están a investigar á coalición para verificar que así sexa certo.

Esta acción simbólica de ensobrar e traballar na rúa, pretende amosarlle ao Tribunal de Contas que o traballo de Nós Candidatura Galega realízase a través de milleiros de persoas voluntarias por todo o país, sendo a única formación política de Galiza que o fai e non temos por que recorrer a empresas.

Nós Candidatura Galega afórralle ás arcas públicas 400.000€ grazas ao traballo do voluntario alén de non ter que pedir créditos bancarios. Cremos que eses 400.000€ deben ir para outros fins e non para o pago de campañas electorais.

Estamos moi orgullosos e orgullosas de facer o traballo coas nosas propias mans, porque lle achega valor engadido a esta coalición, o esforzo e o traballo voluntario para achegarlle propostas e alternativas ao pobo galego, casa por casa e cunha campaña de proximidade.

Propostas e web electoral: Nós Candidatura Galega

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *