O BNG consegue o apoio unánime para unha posible rebaixa de impostos en 2016

- Rebaixa do IBI e actualización dos valores catastrais: a concelleira Pilar Sampedro, presentou unha iniciativa destinada a revisar os coeficientes para a actualización dos valores catastrais, xa que hai diferenzas substanciais entre os valores de mercado das vivendas e os que serviron de base para a determinación do valor catastral no ano 2008 (plena burbulla inmobiliaria). Tamén existen verdadeiras inxustizas xa que hai veciños e veciñas ás que lle pasan cobros por teren galiñeiros, alpendres de leña, etc.
Tras un longo, difícil e tenso debate, o BNG decidiu retirar a súa proposta inicial en aras a chegar a un acordo amplo co que todos os grupos da Corporación Municipal estivesen dispostos a dar o seu apoio, sendo os puntos acordados os seguintes:

A) Unha xuntanza entre grupos da Corporación e a dirección xeral do Catastro para que ver posibilidades de rebaixa e solución a erros de cobros indebidos.
B) Publicitar e informarlle á veciñanza das bonificacións e fraccionamento que existe para pagar o IBI.
C) Realizar un estudo técnico para efectuar unha rebaixa dos impostos que non se achen no mínimo impositivo de cara o ano 2016.
Aprobado por unanimidadePleno Municipal Ribeira. BNG. Foto LaVozDeGalicia

- Plan de Acción Social (PAS): a Deputación da Coruña gobernada por BNG e PSdeG puxo a disposición dos concellos unha partida de 33 millóns de euros para investimentos sociais, algo inexistente até o de agora. Ao Concello de Ribeira correspondéronlle 711.300€.

As suxestións do BNG ao goberno do Concello de Ribeira conseguiron que se destinaran 266.377€ para o remate e urbanización do Centro Social de Carreira que estaba paralizado, mais tamén conseguimos 30.500€ para o illamento e eliminación de barreiras arquitectónicas na biblioteca e centro cultural Lustres Rivas.

O resto dos cartos investiranse en: melloras no campo de fútbol de Oleiros (30.650€), acondicionamento parques de Abesadas e Tasca (50.675€), pavimentación rúa Faxinde e camiño de Areeiros (93.391€), renovación do saneamento rúa Delicias e Dunas en Corrubedo (145.605€) e substitución cuberta do Conservatorio Municipal (94.100€).
Aprobado por unanimidade

- Moción sobre a emerxencia humanitaria que se vive nos campamentos de refuxiados/as do Sáhara: o concelleiro Luís Pérez informou que no mes de outubro, os campamentos de refuxiados do Sáhara Occidental padeceron chuvias torrenciais que deixaron uns terríbeis asolagamentos causando perdas materiais deixando a milleiros de saharauís sen construcións de adobe e/ou haimas, tal e como deu a coñecer a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS).

Aproximadamente 150.000 persoas, viven refuxiadas en condicións infrahumanas desde hai case 40 anos, no deserto alxeriano, un dos lugares máis inhóspitos e inhabitábeis do planeta, preto da cidade de Tinduf. Nos últimos anos, coa pretensión de dobregar o pobo saharauí, reduciuse de xeito alarmante a axuda humanitaria e o programa de alimentos, imprescindíbeis para a subsistencia dos refuxiados e refuxiadas.

Ante a gravidade da situación e as súas consecuencias, cómpre habilitar fondos para a axuda internacional que contribúan a paliar os danos, sobre todo en escolas e hospitais.

Esta axuda de urxencia non é a solución definitiva, senón que nestes 40 anos, nin a comunidade internacional a través das Nacións Unidas, nin o Estado español como responsábel do proceso de descolonización do Sáhara Occidental, foron quen obrigar a Marrocos a pór fin á ocupación ilegal do Sáhara Occidental e garantir o respecto do dereito internacional e o cumprimento das resolucións das Nacións Unidas que recoñecen o dereito de autodeterminación do pobo saharauí, sendo esta última a verdadeira e única solución.

O BNG é unha organización que leva anos loitando en favor do pobo saharauí en colaboración con SOGAPS e coa Frente Polisaria. Así mesmo, membros do BNG Ribeira fixeron unha doación a esta asociación para contribuir co noso gran de area na axuda humanitaria e compañeiros nacionalistas como Carlos Callón, Áurea Santos e Luís Pérez acudiron á cea solidaria. Nese compromiso solidario o concelleiro Luís Pérez xa acudira en 2013 aos campamentos de refuxiados.
O BNG conseguiu unha partida de urxencia e tamén se aprobou por unanimidade a moción

Moción Completa: Emerxencia humanitaria no Sáhara Occidental

- Declarar o Concello de Ribeira contrario ao TTIP: a edil Pilar Sampedro defendeu esta proposta do BNG, na que se pretendía facer que o Concello de Ribeira amosase o seu rexeitamento á aprobación do Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP) que se negocia entre EE.UU Non ao TTIP. BNG Ribeirae a UE. Polo que van desvelando a UE e os EE.UU do documento, xa que os e as europarlamentarias teñen prohibido acceder a el, é que pretende facer que as multinacionais poidan pasar por riba das leis dos Estados e creando un tribunal especial de arbitraxe que poida “multar” aos Estados en favor dos investidores sempre que demostren que aplican algunha medida contraria ao beneficio da empresa (por exemplo, esixencias ambientais ou sanitarias que impliquen gasto na empresa).
Isto só é unha das moitas nefastas consecuencias que pode traernos o TTIP xunto coa privatización de servizos públicos que irán para as grandes multinacionais.
BNG, PSOE e IPR a favor, PP e C’s en contra

Moción Completa: Declaración do Concello de Ribeira contrario ao TTIP

- Revisións do prezo do contrato de xestión do servizo público de auga potábel e saneamento subscrito con Viaqua: o concello de Ribeira en 2010 renovou a privatización cun contrato nefasto para as arcas pública e moi favorábel para a gran empresa e onde cada ano debemos revisar a cantidade que se lle pagou para incrementala conforme á suba do IPC, en 4 anos aprobáronse revisións por valor de 215.000€+IVE a parte do que cobra. Desde o BNG somos moi críticos con este contrato xa que, no peor da crise económica Viaqua non tivo consideración coa veciñanza que o pasaba mal nin coas restricións orzamentarias do Concello, e sempre seguiu subindo o que cobraba, nunca perdeu cartos, sempre foi gañando máis!O BNG critica o contrato con Viaqua no Concello de Ribeira

Quen perde cartos é a veciñanza porque cos seus impostos están sufragando as sucesivas ganancias da empresa mentres o goberno de Ribeira subiu as taxas e impostos municipais un 9% en 4 anos no peor da crise e cos salarios minguando.

A política de privatizacións do PP leva a que paguemos máis por un ben esencial como é o abastecemento da auga potábel e o saneameto. Agora a Corporación atópase atada de pes e mans e non podemos facer nada xa que se rexeitarmos estas subas, a empresa denunciaría ao Concello e gañaría no xulgado por ter esas condicións no contrato, e suporía uns custes maiores para as arcas públicas ao termos que pagar custes xudiciais, intereses e atrasos.
Esta é a política do PP, regalarlle os cartos de todos e todas a empresas amigas.

Solicitudes do BNG aprobadas:

- Maior control da Policía Local sobre as autorizacións dos postos do mercado dos sábados.
- Realización dun estudo para dotar a rúa da canle de Palmeira entre o Mercado e o Porto a dotación de semáforos.
- Reposición dunha praza para persoas con mobilidade reducida en Palmeira.
- Reposición do alumeado do paseo do Carreiro.
- Instalación de bancos e mellora na sinalización no paseo do río Sanchanás ou Arlés de Artes.

Outros asuntos:

- Cesión de locais a UGT e CC.OO. Aprobado por unanimidade
- Regulamento do Consello Municipal de Inclusión Social e Benestar. Aprobado por unanimidade
- Aprobación para comezar a dotación de beirarrúas á rúa Sidreiras. Aprobado por unanimidade
- Habilitar unha partida orzamentaria para sufragarlle o transporte escolar en bacharelato ás familias que máis o precisen. Aprobado por unanimidade
- Dotación de beirarrúas na rúa 9 de agosto (estrada Ribeira-Aguiño). Arpobado por unanimidade
- Instar á Xunta de Galiza a que inclúa no calendario de vacinas a da meninxite B. Aprobado por unanimidade
- Aprobado a dotación de aparcamento en batería na Rúa Castelao de Aguiño.
- Pintado e decoro do transformador que hai no parque García Bayón.

One Comment on “O BNG consegue o apoio unánime para unha posible rebaixa de impostos en 2016”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *