O BNG solicita mellora da iluminación e máis mobiliario para os paseos de Artes e de Aguiño

Paseo Río Artes. BNG Ribeira. Foto Hotel TeixoeiraO paseo fluvial de Artes do río Arlés ou Sanchanás goza de boa aceptación pola veciñanza de diversas idades. Mais poderíase mellorar engadindo ao longo do seu trazado mobiliario de descanso que facilitaría o seu percorrido pola xente, nomeadamente pola de máis idade, xa que a día de hoxe carece de mobiliario ao longo do itinerario.

Paseo Carreiro Aguiño. BNG Ribeira. Foto David ArgibayOutro dos paseos nos que detectamos eivas é o paseo do Carreiro de Aguiño, que transcorre por unha paraxe singular e de excepcional beleza. Na actualidade, o seu mantemento atopase nun lamentábel estado de abandono non funcionando ningunha das luces do alumeado tanto na superficie como nos báculos o que dificulta o seu desfrute pola veciñanza unha vez que escurece o día.

Polo todos estes motivos o voceiro Xosé A. Vázquez Cobas, en nome do grupo municipal do BNG de Ribeira solicita do Concello de Ribeira.

- Que o Concello de Ribeira instale uns cantos bancos ao longo do paseo fluvial do río Artes.
- Que o Concello de Ribeira faga as xestión necesarias para que se repoña o alumeado e se realice un correcto mantemento do paseo do Carreiro de Aguiño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *