O BNG traslada as demandas da veciñanza de Palmeira en relación á mellora da circulación viaria

A concelleira Pilar Sampedro Laranga presentou dúas iniciativas relativas á mellora da seguridade viaria e da circulación na parroquia de Palmeira para o seu debate en sesión plenaria. Estas necesidades fóronlle trasladadas pola veciñanza da parroquia á representante nacionalista.O BNG propón instalar semáforos na rúa da Canle de Palmeira. Ribeira

A primeira das iniciativas ten que ver co tramo entre a Rúa da Canle e o Cruceiro de Cruces, que serve de acceso ao Eitón (zona portuaria) desde o Mercado Municipal e o Centro de Saúde. En dita rúa as casas atópanse moi preto unhas das outras impedindo o paso de automóbiles en dobre sentido. Isto provoca que os coches que van na dirección contraría teñen que d
ar un rodeo pola estrada principal para chegar o seu destino, meténdose pola rúa da Cambra que ten 
un acceso en curva un tanto perigoso. Esta situación podería evitarse coa colocación de dous semáforos que regulasen o tránsito, ao xeito dos que xa existen na entrada da zona portuaria de Corrubedo. Desde o BNG cremos que isto permitiría a dobre circulación mellorando así o tránsito rodado.

Os concelleiros do BNG Luís Pérez Barral, Pilar Sampedro Laranga no Porto de Palmeira. RibeiraA segunda das iniciativas ten haber coas prazas para persoas con mobilidade reducida. Na área portuaria de Palmeira foron realizadas obras de pavimentación e de lastrado recentemente. Nesta zona existía unha praza de “reservado” para vehículos de persoas con mobilidade reducida entre os dous negocios de hostalería alí existentes, pero unha vez rematas as obras de acondicionamento, non foi reposta, polo que en nome do BNG, a veciña e concelleira Pilar Sampedro solicitará a súa reposición de maneira inmediata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *