Propostas do BNG para investir máis de 1 millón de euros no Concello de Ribeira

A Deputación da Coruña nos seus plans de axuda aos concellos da provincia denominados Plan de Obras e Servizos (POS) e Plan de Acción Social (PAS), vén de concederlle ao Concello de Ribeira unha cantidade total de 1.070.000€.A vice-responsábel do BNG Elvira Blanco e os concelleiros Xosé Antonio Vázquez Cobas e Luís Pérez Barral. Corrubedo. Ribeira

Desde o BNG queremos propoñer algunhas actuacións que poderían ser financiadas con estes cartos, ben na súa totalidade ou ben por fases e con achegas doutras administracións. Presentáronse estas actuacións en Corrubedo porque o BNG considera que é a parroquia que ten máis carencias con respecto a outras. 

Equipamentos sociais:

Creación dun centro de día con zona verde na parroquia de Palmeira nunha finca sita entre a rúa Vella e a rúa do Espiño. Con isto habilitaríanse máis prazas públicas para as persoas maiores que así o precisen do noso municipio.

Instalacións socio-culturais para a veciñanza:

Rematar o Centro Social de Carreira que se comezou no anterior mandato e agora está no esquecemento sen rematar.
Pista polideportiva para Corrubedo que actualmente carece dunha zona onde facer deporte.
Reforma e ampliación da escola unitaria de Corrubedo por atoparse saturada pola cantidade de actividades que se realizan en dita instalación. En moitas ocasións hai actividades que teñen que interromperse para deixar pasar a usuarias/os para outra sala, na práctica é a única parroquia que carece de centro social.
Obras de separación entre a casa da xuventude e o albergue municipal de Ribeira para que ambas instalacións estean fisicamente desligadas e que poidan ser empregadas individualmente.

Seguridade Viaria:

Dotación de beirarrúas na zona do Touro-Ameixida pola marxe máis próxima ao mar.
Dotación de beirarrúas a marxe dereita de Vixán até o Observatorio de aves da Lagoa de Vixán.
Dotación de beirarrúas a estrada dende o colexio da capela até Vixán, marxe esquerda.
Dotación de beirarrúas a estrada desde a capela da Guía até o colexio Pe do Corniño.
Dotación de beirarrúas o núcleo urbano da Graña.

Mellora urbana:

Urbanización e mellora da praza do Rueiro de Palmeira, soterrando a torre da compañía de telefonía e creando un espazo público con zona verde e mobiliario urbano.

Vídeo: Propostas do BNG para investir os cartos do POS e PAS

2 Comments on “Propostas do BNG para investir máis de 1 millón de euros no Concello de Ribeira”

  1. A praza de españa é unha praza deserta, desaproveitada totalmente. Parece un monumento ó cemento-pedra-ladrillo. Penso que se debería facer algo con ela como poñer un parque para nenos e tamen para maiores xa que o mais próximo e en pedra pateira. Esta semana vin na prensa que en boiro van facer un parque cuberto para distintas idades, sería unha boa proposta para esta plaza tan desaproveitada e algo novedoso neste concello. Grazas por escoitar propostas.

    1. Boas Vanesa, trasladaremos estas propostas que fas á asemblea local do BNG para que se traten na póxima xuntanza que haxa.
      Desde logo o de crearmos un parque cuberto é algo necesario neste país que rexistra precipitacións durante moitos meses.
      Saúdos e grazas por achegar as túas ideas 😉

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *