Vulnerar a lei só lle custa 300€ a Manuel Ruiz

Xa é definitivo, Manuel Ruiz vén de ser sancionado pola Xunta Electoral Central (XEC) de Madrid por vulneración da lei electoral ao seren rexeitadas as súas alegación sobre a inauguración encuberta do Mercado Municipal.Sanción da Xunta Electoral a Manuel Ruiz Rivas, Carmen Vizcaya

A Xunta Electoral Central (XEC) confirma que infrinxiu a lei, en concreto os artigos 50.2 e 50.3 da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral “toda vez que o desenvolvemento da Feira de Ensino no Novo Mercado Municipal supuxo unha difusión dos logros acadados pola corporación municipal“. Esta inauguración encuberta denunciada polo BNG só atendía a fins electoralistas, feito tipificado polo artigo 153.1 da citada lei.

Atendendo a estas circunstancias e ante o seu posíbel impacto no electorado a Xunta Electoral Central impón unha sanción de 300€.
O BNG critica que
vulnerar a lei sae moi barato e entendemos que debería ser unha multa exemplar e non ese importe irrisorio.

Así e todo, desde o BNG queremos destacar que a sanción confirma que o PP infrinxiu a lei inaugurando de maneira encuberta unha instalación pública para obter réditos electorais e partidistas. Así mesmo, a XEC avala que as accións emprendidas polo BNG foron as correctas fronte ao comportamento inmoral do alcalde de Ribeira.

Reclamación do BNG na Xunta ElectoralResolución sancionadora da Xunta Electoral

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *