O BNG solicita, en nome da veciñanza de Aguiño, reducir a velocidade na rúa Castelao e o mantemento da pista deportiva

Na Rúa Castelao de Aguiño hai varias instalacións municipais, afortunadamente moi utilizadas polos veciños e veciñas. Campos de fútbol da Tasca, Aula de Música e Casa da Cultura nos que os eventos son constantes. Destacan pola súa continuidade os deportivos, xa que o club de fútbol, ten
Os concelleiros Luís Pérez Barral, Xosé Antonio Vázquez Cobas e a viceresponsable local Elvira Blanco Pérez en Aguiño. BNG Ribeira inscritos máis de cento cincuenta participantes nas diversas categorías. A maioría son nenos e nenas, que adestran e compiten na instalación deportiva alén dos que no seu lecer usan o campo pequeno.

Hai tempo que vimos observando con preocupación que os vehículos circulan a unha velocidade excesiva. O limite, tal e como indican os sinais verticais e de 30 km/h, apesares do cal, constatamos que no tramo recto que vai dende os campos de fútbol ata a Casa da Cultura non se respectan ditos sinais. O que fai que exista un risco real de atropelo.

O concelleiro Xosé Antonio Vázquez Cobas en Aguiño. BNG RibeiraOutra cuestión que hai que solucionar son os desperfectos que sofren os campos de fútbol e pistas deportivas que hai na mesma zona. Pedímoslle que o Concello de Ribeira teña un correcto mantemento destas infraestruturas para evitar o seu deterioro.

Por iso, Xosé Antonio Vázquez Cobas en nome do grupo municipal do BNG de Ribeira SOLICITA:

1º Que se reforce a sinalización tanto horizontal como vertical, utilizando os medios técnicos que se consideren necesarios.
2º Que se estuden os elementos axeitados para que os vehículos circulen a unha velocidade que non poña en perigo a integridade de veciños, meniños, mascotas, etc. Nomeadamente a elevación dos tres pasos de peóns que e existen.

Solicitude completa e acordos: Elavación pasos peóns rúa Castelao Aguiño e redución da velocidade.

2 Comments on “O BNG solicita, en nome da veciñanza de Aguiño, reducir a velocidade na rúa Castelao e o mantemento da pista deportiva”

  1. Xa que estades mirando por esa zona poderíades mirar as direccions unicas na parte de abaixo paralelas á praia, estan feitas non se sabe con que criterio, i manteñense asi o longo do ano., cando a circulación e somentes dos veciños.
    Outra cousa e o estado lamrntable do carril bici, mal feito de entrada, e que vai de mal a peor.
    Abandono total. Van ter que facer outra festa-
    Merenda coma a da inauguracion para contentar ós veciños

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *