O BNG reforzará o seu traballo no concello e na rúa cun novo Consello Local

A asemblea do Bloque Nacionalista Galego de Ribeira vén de celebrar unha xuntanza na que se escolleron os integrantes dun renovado Consello Local, que estará composto por persoas mozas e persoas con longa experiencia social e política.Consello Local. BNG Ribeira 2015

Estas persoas que integrarán o Consello Local reforzarán a organización e comunicación do BNG, ao mesmo tempo que mellorará a acción institucional que vimos desenvolvendo no Concello de Ribeira.

A área de asociacionismo estará conformada por dúas persoas por mor do gran tecido asociativo que existe na localidade e ao que lle queremos prestar especial atención.

Somos persoas ao servizo das persoas, o BNG ao servizo do pobo.

– Vicente Paz Carou responsábel local do BNG
- Elvira Blanco Pérez vice-responsábel local e encargada de organización
- Xosé Antonio Vázquez Cobas voceiro do BNG e encargado de política municipal
- Pilar Sampedro Laranga concelleira e responsábel de mar
- Luís Pérez Barral concelleiro, responsábel de comunicación e encargado de mocidade
- María Gutierrez Barral responsábel de igualdade
- Cruz Rivadulla Márquez e Alberte Paz Calo responsábeis de asociacionismo
- Xosé Antón Parada Fernández concelleiro, responsábel de finanzas e encargado de ensino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *