Propoñemos medidas de seguridade viaria no cruce de Palmeira e unha praza para minusvalías

O BNG recolle as esixencias da veciñanza de Palmeira que reclama maior seguridade viaria.

Cruce do Vilar de Palmeira:

O Cruce Do Vilar de Palmeira está considerado como un punto dos máis perigosos do Concello deLuís Pérez Barral, Pilar Sampedro Laranga en Palmeira. BNG Ribeira. Foto Chechu López Ribeira debido á carencia de visibilidade, a pesar do espello alí colocado e que se fai insuficiente ao momento de intentar acceder á estrada AC-305 desde a Rúa Lorenzo Mene. Desde o BNG propoñemos a instalación duns semáforos que regulen esta perigosa intersección mais tamén propoñemos que un equipo técnico inspeccione a zona e analice a mellor solución para dotar de máis seguridade esta zona.

A tendencia en calquera zona urbana no futuro virá dada polas baixadas de velocidade e a regulación do tráfico como xa estamos a ver en algunhas cidades e vilas.

Por estes motivos o BNG, da man da edil Pilar Sampedro Laranga, solicita:

A) Que interceda ante o organismo correspondente para que na mencionada zona sexan colocados semáforos, que faciliten o acceso dos vehículos á estrada AC-305 sen perigo, ademais de ser unha boa axuda polo feito de que obrigaría a manter unha menor velocidade subindo a recta de Caticovas indo de Ribeira ou a do Vilar vindo da Pobra. Un bo exemplo podémolo observar noutro tramo da mesma estrada como é o cruce da Rúa da Paz xunto á alameda da Pobra do Caramiñal.

Praza temporal para persoas con problemas de mobildiade:

Coa comunicación que os membros do BNG de Palmeira manteñen acotío coa veciñanza xorden propostas que non por ser en aparencia miúdas deixan de ser moi importantes para a xente que por desgraza as sofre.

A diario acoden persoas con minusvalías físicas e problemas de mobilidade ao Centro de Saúde de Palmeira co fin de ser atendidos polos servizos sanitarios (consultas médicas, curas e seguimentos de enfermería…) Ditas persoas teñen que ser axudados por familiares ou achegados os cales se atopan co inconveniente de ter que deixar o seu vehículo no aparcadoiro reservado a minusválidos máis próximo, pero que non solventa a problemática de ter que efectuar un considerable esforzo para o traslado de ditos pacientes dende o aparcadoiro de minusválidos ata o punto de atención primaria.

Se ben sabemos que existe en fronte do Centro un sinal horizontal e vertical que prohiben o aparcamento consideramos que non é a solución pois non especifica uso concreto algún máis que a mera prohibición en si e cuxa zona está a ser usada polo persoal sanitario que alí traballa, o cal cremos que é oportuno.

Por todo isto o BNG solicita, de man da súa concelleira Pilar Sampedro Laranga:

A) Que o goberno municipal dote dunha praza, non de uso ordinario senón de emerxencia, quer sexa na mesma zona de prohibido aparcar quer sexa anexa a esta para poder ser usada por xente que se vexa na obriga de ter que trasladar ao Centro a persoas coa problemática antes exposta.
B) Solicítase asemade que no sinal vertical de prohibición se especifique o horario desta prohibición que consideramos que debería ser o tempo e días en que os servizos sanitarios están activos dado que unha vez concluídos estes quedarían 3 prazas de aparcamento a maiores dado que o persoal do Centro xa non as necesita e tratándose dunha zona concorrida por ter servizo de cafetería, ensaios, confraría, etc.

Vídeo rolda de prensa: O BNG propón mellorar a seguridade viaria en Palmeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *