O BNG pide a eliminación de dous vertedoiros incontrolados

O Bloque Nacionalista Galego – Asembleas Abertas viu dous vertedoiros incontrolados nas parroquias de Artes e Aguiño.Vertedoiro incontrolado en Artes. Ribeira. BNG

Na zona do muíño de Correa (Artes) existe actualmente un pequeno vertedoiro incontrolado no que se atopan electrodomésticos de gran tamaño ciscados pola gabia.

Outro dos vertedoiros incontrolados que o BNG viu foi no lugar de Couso, sito na parroquia de Aguiño. Este punto xa é un habitual das persoas desconsideradas co noso medio natural.

Alén do impacto visual que producen por estar nunha zona pola que discorren os camiñantes e visitantes que vaian pola senda fluvial do río Artes, no primeiro caso e nun merendoiro o segundo, poden supoñer un foco de contaminación importante tanto para a flora como para a fauna.

Polo exposto, o concelleiro Luís Pérez Barral, en nome do BNG-AA solicitará o seguinte:

A) Que o Concello de Ribeira proceda á eliminación deste vertedoiro incontrolado tan pronto como sexa posíbel.
B) Que o Concello de Ribeira continúe traballando na loita contra este tipo de vertedoiros implicando á Policía Local e mellorando a información que ten a poboación sobre o Punto Limpo.
C) Facer unha campaña a través da internet (por medio da páxina web e redes sociais) promovendo o uso do Punto Limpo e explicar o seu funcionamento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *