A ecoloxía mellora a vida e o medio natural. Foro Ecolóxico e BNG reúnense para promover a concienciación ecolóxica e a alimentación natural

Unha delegación do Foro Ecolóxico da Barbanza e membros do BNG-AA Ribeira mantiveron unha xuntanza na que tecer unha colaboración mutua para sacar adiante proxectos para a veciñanza.

Na reunión, a delegación do Foro Ecolóxico da Barbanza e os membros do BNG-AA Ribeira cadramos na necesidade de fomentarmos, desde as institucións públicas, o eido da ecoloxía, produción e alimentación naturais, autoconsumo, etc para potenciar este sector e, ao mesmo tempo, contribuír na xeración postos de traballo, axudar a familias en risco de exclusión social, mocidade, persoas desempregadas ou con diversidade funcional.

Ámbalas dúas organizacións cadramos na necesidade de dar maior información e concienciación á poboación na redución, reutilización e reciclaxe de residuos, traballar na mellora da depuración de augas residuais e contaminación.

Foro Ecolóxico da Barbanza. BNG RibeiraDesde o BNG-AA comprometemos o noso apoio coas actividades que nos propuxeron como facilitar locais e prazas públicas, colaboración conxunta de campañas pedagóxicas e informativas, creación dun banco de terras municipal e fomento de hortas urbanas para aquelas persoas que queiran ter os seus propios produtos, consumo preferente de produtos libres de tóxicos na gardería municipal ou a colaboración coas comunidades de montes para diversificar o uso do monte (alén do uso para madeira).

O Foro Ecolóxico da Barbanza é unha agrupación de persoas interesadas en temas ambientais, de alimentación sá, comercio xusto, consumo responsable, etc. Son asamblares e non teñen dirixentes nin estruturas burocráticas.Elvira Blanco Pérez, Antón Parada Fernández, Xosé A. Vázquez Cobas, Pilar Sampedro Laranga e Luís Pérez Barral. BNG Ribeira

As súas actividades van desde feiras, cursos de formación de produción ecolóxica até obradoiros de cremas, xabóns, sobre plantas e as súas propiedades.

Na xuntanza estiveron presentes o voceiro do BNG Xosé A. Vázquez Cobas, Elvira Blanco vice-responsable local do BNG e as edís Pilar Sampedro Laranga e Luís Pérez Barral.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *