Galiza Nova e BNG renden homenaxe a Lustres Rivas e Alexandre Bóveda

A organización xuvenil Galiza Nova e o Bloque Nacionalista Galego – Asembleas Abertas de Ribeira, conmemoraron o Día da Galiza Mártir (17 de agosto), rendendo unha homenaxe aos mártires da Galiza e de Ribeira. Concretamente lembraron a Manuel Lustres Rivas e a Alexandre Bóveda que foron asasinados polo fascismo da ditadura franquista.

Intervención de Pilar Sampedro Laranga na rúa M. Lustres Rivas

Boas tardes a todos:

Quixo a casualidade de que esta frase de Daniel (permitídeme a licenza) formase parte do último libro que caeu nas miñas mans: “Pasaia, a memoria dos vencidos” de Xabier Portugal.

Temos que ser quen de que, non tan só nesta semana reivindicativa, senón acotío facer que esta frase estea permanentemente vixente.

A ignominia castigadora á que nos someteron os golpistas debe ser transformada en honra a través da memoria dos nosos mártires.Acto Galiza Martir Ribeira. Pilar Sampedro Laranga. Agosto 2015

Quero aproveitar a ocasión para lembrar a petición que fixo a Fundación Alexandre Bóveda a través de Chang.org ante a presidencia do Parlamento de Galiza de declarar e instituír como “Día da Galiza Mártir” o 17 de Agosto de cada ano, con carácter de celebración nacional, e na figura de tan insigne persoeiro vermos reflectidos a todos aqueles e aquelas que pagaron coa súa vida o feito de defender a un pobo soberano e incoar á restauración da súa honra e á deshonra dos executores.

Moitas destas persoas son anónimas, mais outras coma Manuel Lustres Rivas, aínda non sendo anónimas, non podemos dicir que están o suficientemente reivindicadas.

De ben nacidos é ser agradecidos e polo tanto recoñecer a actuación que tivo ao respecto da súa persoa a Corporación Municipal do 83 ao 87 ao propoñer a esta figura como “Fillo predilecto de Ribeira

Existen algúns artigos e pequenas obras ao respecto da figura de Lustres Rivas entre outros a publicada pola Asociación Cultural Altofalante, non obstante Lustres Rivas tivo unha vida que, se ben foi truncada axiña, se antolla moi activa: extensa labor periodística, tertuliana e agrarista, enfocada sempre baixo o prisma da defensa de Galicia e da liberdade; pero creo que falta o LIBRO (con maiúsculas) que escribir sobre el, o libro que plasme a súa biografía sen ambigüidades nin aforismos, senón aceptando a conxuntura da figura e a da súa época e tomándoa tal como pensamos que foi, unha persoa que loitou por unhas ideas e sen poñelo en dúbida.

Dicirlles tamén a todos aqueles a quen se lle enche a boca coa Constitución Española actual que a Manuel Lustres Rivas así como a todos aqueles mártires que lembramos e lembraremos mentres nos queden folgos, se lles foi usurpada a vida sen remisión por defender a Constitución que estaba vixente naquel tempo, mais as leis debemos de ser quen o pobo de transformalas sen menoscabar nunca a vida dos demais.

De nós depende compañeiros que a frase de Daniel Castelao teña sentido hoxe en día e por moitos anos: “Non enterraban cadáveres, enterraban semente”.

Adiante e moitas grazas.

Intervención de Carlos Lixó Gómez na rúa Alexandre Bóveda

Estamos ante a rúa Alexandre Bóveda hoxe, porque outro 14 de xullo, do ano 1936 foi asasinado Alexandre Bóveda. Tiña 33 anos e á parte de ser unha persoa extraordinaria desde o punto de vista intelectual e profesional, sobre todo con enorme capacidade organizativa. Segundo Castelao, el era o motor do Partido Galeguista.

A data da súa morte foi escolleita como o día da Galiza Mártir porque por unha parte o seu traballo e pola outra o seu asasinato inxusto representan moi ben o que lle aconteceu a moitas outras persoas, asasinas, exiliadas ou reprimidas de diversas maneiras, malia que se teime en repetir que en Galiza non houbo represión nin houbo guerra.

Acto Galiza Martir Ribeira. Agosto 2015O día da Galiza mártir non serve, desde o meu punto de vista, para exaltar a morte por unha causa, como cos mártires cristiáns, que se gaban de entregarse e presentan o seu sacrificio coma unha ofrenda. Alexandre Bóveda non se ofreceu, matárono. El quería vivir.

A lembranza do seu asasinato serve, entón, para varias cousas:

1. Serve para que entendamos que non estamos sós, que outros e outras estiveron antes loitando polo mesmo que nós, e estiveron peor, pero foron abrindo camiño e deixando “semente de vencer”, en palabras doutro asasinado, Moncho Reboiras.
2. Serve para pór en valor o traballo militante, organizativo, como o que fixo Alexandre Bóveda, que ás veces non se ve ou non se valora, pero é imprescindíbel.
3. E serve para que, ante os cantos de serea e os discursos de fácil consumo, lembremos que o proxecto soberanista que Bóveda e moitas mulleres e homes defenderon é o único que pode solucionar os nosos problemas. Que pode liberarnos.

Viva Galiza Ceibe e Socialista! Viva Alexandre Bóveda!

Galería Fotográfica do Día da Galiza Mártir Ribeira 2015

Ribeira, agosto de 2015

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *