Día LGTBI. Liberdade, respecto, igualdade e diversidade

Un ano máis, o BNG de Ribeira quere amosar o recoñecemento ás persoas lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais (LGTBI). O 28 de xuño é unha xornada de reivindicación para nós e debe selo para todos/as.LGTBI. Ribeira. Bloque Nacionalista Galego. BNG
Día de loita porque hoxe aínda non se acadou unha normalización social de respecto á liberdade e diversidade sexual das persoas e mesmo sectores da dereita da Igrexa, pretenden limitar estes dereitos.

É necesaria a implicación das institucións e dos poderes públicos para acadarmos unha normalidade plena mediante políticas de sensibilización, condena de actos discriminatorios, educación afectivo-sexual, pulo polo respecto á liberdade individual da escolla sexual, etc. Estes motivos levan o BNG a manifestar publicamente que traballamos e defendemos os dereitos das persoas lesbianas, gais, transexuais e bisexuais, pulando pola igualdade de dereitos e a normalización social de todas estas opcións de vida que aínda padecen discriminación social.Vicente Paz Carou, Elvira Blanco, María Gutierrez, Luís Pérez Barral. Galiza Nova. BNG. Ribeira

O BNG conseguiu en 2013 que o Concello de Ribeira emitise por primeira vez unha declaración institucional en recoñecemento da liberdade dos dereitos sexuais das persoas e o rexeitamento a calquera tipo de discriminación.

Neste ano 2015 demandámoslle ao Concello de Ribeira o seguinte:

1. Que o Concello de Ribeira teña un xesto simbólico pendurando unha bandeira LGTBI nun lugar visíbel como nos mastros da praza do Centenario ou no Concello para que con este xesto simbólico se vexa o apoio da administración local.
2. Esiximos o cumprimento efectivo dos acordos plenarios tomado pola corporación municipal en xuño de 2013.
3. Instar a Xunta de Galiza a que acometa a plena aplicación e desenvolvemento da Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galiza.

Moción presentada en 2014:  Moción defensa da liberdade e dereitos LGBTI 2014

Vídeo: rolda de prensa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *