O PP blinda o servizo privatizado de limpeza e recollida de lixo por 22 millóns a 15 días das eleccións

O Partido Popular de Ribeira vén de aprobar, nun pleno extaordinario, o contrato para a xestión do servizo de recollida de resíduos sólidos, o servizo de limpeza e a xestión do punto limpo.xestión do servizo de recollida de resíduos sólidos, o servizo de limpeza e a xestión do punto limpo. BNG Ribeira
A tan só 15 días das eleccións, o PP blinda o servizo privatizado por 22.406.300€ e durante 12 anos para a empresa Recolte Servicios e Medioambiente, S.A.U. cando debería ser a nova corporación quen o aprobase ou o rexeitase. Esta actuación foi aprobada cos votos a favor do PP e as abstencións de IPR e do PSOE sendo os únicos votos en contra os do BNG.

Os concelleiros/as do BNG non participaron desta decisión porque se aposta pola incineración e o almacenamento dos residuos no vertedoiro de Areosa (SOGAMA) algo que é moi contaminante e caro, xa que o ano pasado subiu o cánon que hai que pagarlle a SOGAMA por queimar o lixo.

A proposta do BNG é máis sustentable, xera máis emprego e é máis barata.
Defendemos un sistema de recollida de lixo baseado na redución, reciclaxe de residuos sólidos e a compostaxe de residuos orgánicos. Este modelo está demostrado en plantas de tratamento de residuos e compostaxe como a de Lousame, que supera amplamente a cantidade reciclada en SOGAMA. Alén da mellora ambiental, o modelo de Lousame xera abonos para terras de labranza e dá máis emprego có modelo que defende o PP.Concelleiros BNG Ribeira. Xosé Antonio Vázquez Cobas, Xosé Antón Parada Fernández, Dores Vidal Peón.

Finalmente, o outro tema do día aprobouse por unanimidade. A asociación Bielas Sport vaise encargar da realización de eventos, mantemento, limpeza e sinalización do circuito de motos que hai no monte de San Alberte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *