24 de xullo, compromiso coa Festa da Dorna

Desde a Asemblea Local do BNG de Ribeira temos que denunciar - unha vez máis - a burla que lle fai o señor Manuel Ruiz Rivas á veciñanza de Ribeira e aos representantes da Corporación Municipal.
No  Pleno do 23 de febreiro de 2015 e a raíz dunha proposición do BNG en relación ás festas de Sta. Uxía e da Dorna, conseguiuse un fito histórico. Por primeira vez na historia de Ribeira, conseguiuse xuntar a tódolos sectores implicados; Confraría da Dorna, comercio e hostalaría local, veciñanza e todos os partidos políticos), dando lugar á creación dunha comisión:

“O Pleno do Concello de Ribeira, visto o dictamen favorable da Comisión Informativa da Administración Pública e Relacións Institucionais, en sesión celebrada o día 20/02/2015, por unanimidade dos presentes, acorda:
Crear unha comisión cos grupos políticos e cos sectores implicados para determinar de xeito definitivo o que debían ser as festas de interese e levalo ao último pleno antes de que se convoquen as eleccións.”

Ademais adquiriuse o compromiso de que “dentro do mes de marzo debía quedar solucionado”.

A día de hoxe, 24 de abril non só non se convocou a Comisión senón que, o PP incumpre os acordos das Xuntas de Portavoces celebradas até estas datas. Todo fai indicar que non pensa facer nada desprezando os acordos plenarios, os lexítimos representantes das veciñas e veciños e os sectores implicados. Isto amosa un xeito de gobernar despótico e autoritario.Festa da Dorna 2015. BNG Ribeira

Desde o BNG queremos amosar, como forza maioritaria da oposición, a nosa enérxica condena a este xeito antidemocrático de gobernar e esiximos que se cumpra o acordado no Pleno do concello de Ribeira. Queremos que se faga con transparencia e se convoque aos sectores implicados para que, de xeito participativo, acadar unha solución definitiva.

Esta asemblea reitera a seu apoio a petición da Real e Ilustre Confraría da Dorna e do movemento  veciñal para que o día 24 de xullo sexa Día da Dorna e sexa declarado festivo local algo que, sen dúbida, redundaría no beneficio social, económico e turístico deste concello.

Vídeo rolda de prensa en Canle Rías BaixasVídeo rolda prensa Tv27Barbanza

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *