Solicitamos que se mellore a pista deportiva de Sirves

A día de hoxe a pista deportiva que hai en Sirves, a carón da capela da Nosa Señora das Dores, atópase deteriorada. O firme está feito de pranchas de formigón, as canastras atópanse vellas tanto estas como as portarías carecen de rede.Pista deportiva e Capela Sirves. BNG Ribeira

Alén do anterior, malia que non pasan demasiados vehículos, a pista non conta con elementos de peche que eviten as saídas dos balóns á estrada co risco que supón para as crianzas e para as persoas que vaian nos seus vehículos.

Un dos graves erros do goberno de Ruiz Rivas, é encher o concello de parques e áreas recreativas que logo esmorecen pola falta de mantemento. Se o BNG acada a alcaldía deste concello, comprometémonos a destinar unha partida para o correcto mantemento das áreas de lecer.

Por todo isto, o Bloque Nacionalista Galego solicita o seguinte:

- Mellorar os aspecto das canastras, poñendo unhas novas se for preciso.
- Instalación de rede nas portarías e nas canastras.
- Contemplar, nunha futura partida orzamentaria, a renovación do firme da pista deportiva así como a instalación dunha rede ou elemento que impida a saída de balóns á estrada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *