“Cambiaremos o cemento polo emprego e a xustiza social”

 BNG Ribeira. Candidatura

Vídeo da presentacion do 1º tramo da candidatura

O Bloque Nacionalista Galego – Asembleas Abertas vén de presentar o 1º tramo da candidatura ás municipais 2015 no Concello de Ribeira. A presentación correu a cargo da deputada no Congreso, Rosana Pérez, quen avalou unha candidatura que “rematará co malgasto, o amiguismo e o escurantismo” e lembrou como un dos principais problemas de Ribeira é o desemprego e a emigración que provocan as políticas de recortes e devastación do PP.

O candidato á alcaldía, Xosé Vázquez Cobas detallou que as persoas que integran a candidatura son o resultado do proceso asamblear aberto que impulsou o BNG. En palabras do voceiro, este primeiro tramo “está capacitado para coller o mando de Ribeira e lograr transformar as políticas municipais, establecendo como eixos centrais a transparencia, a participación, a reactivación económica e o impulso dos servizos sociais”.  Xosé Antonio rematou indicicando que “se o BNG gaña as eleccións, abriremos as fiestras e portas do Concello para ventilar ese cheiro a podre que leva 30 anos asolando a casa dos ribeirenses”.

1. Xosé Antonio Vázquez Cobas

Xosé Antonio Vázquez Cobas. BNG Ribeira.Veciño de Carreira. Nado en Chantada Lugo 1957.
É Concelleiro, voceiro municipal do BNG. Licenciado en Xeografia e Historia, especialidade Historia Contemporanea na USC. Tamén se dedicou á artesanía de cerámica, alfareiro-ceramista. Actualmente traballa no Instituto Náutico Pesqueiro de Ribeira.
No ámbito social, foi socio fundador e presidente da Asociación Cultural Altofalante, continuando hoxe en día como socio.
Tamén participou na constitución da Asoc. de Veciños de Carreira, da que foi vogal na primeira directiva.
É un membro activo dentro da plataforma da Sanidade Pública da Barbanza da que colabora e axuda desde a súa constitución. Así como participa doutras plataformas veciñais e reivindicativas.
Leva ás costas máis de 10 anos de militancia.
Afeccionado á música tradicional galega, é alumno de gaita.

2. Luís Antonio Pérez Barral

Luis Perez Barral. BNG RibeiraTen 24 anos e no mes de maio fará os 25. É de Ribeira pero criado desde sempre en Artes polo que sempre se considerou de alí. Está rematando os seus estudos de Lingua e literatura galegas (filoloxía galega) cun mínor de Lingüística Xeral na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente está facendo o traballo de fin de grao sobre o fenómeno lingüístico da gheada.
Ten traballado de camareiro e de monitor de ocio e tempo libre. Tomou posesión de concelleiro do BNG con tan só 21 anos, sendo un dos concelleiros máis novos do País. É membro da Comisión Permanente de Galiza Nova onde exerce de responsable de Política Institucional.
É afaccionado á pintura e á fotografía.

3. Pilar Sampedro Laranga

Pilar Sampedro Laranga. BNG RibeiraNada no ano 1965. Veciña de Palmeira.
Mariscadora a pé desde hai máis de 12 anos. É autónoma e tamén ten traballado como camareira.
É titulada superior na Formación Profesional nas especialidades de Administración de Empresas e Electricidade. No sector martítimo, a candidata posúe a práctica totalidade de certificacións e titulacións requeridas: patrona polivalente, patrona portuaria, pescadora e mariñeira capacitada para buques petroleiros e mariña mercante.
Pilar é independente, mais sempre estivo vencellada ao BNG desde a súa constitución, malia que diversas cuestións laborais lle impediron a militancia activa. É unha persoa moi comprometida co país e co nacionalismo galego.

 

4. Xosé Antón Parada Fernández

Nado en 1952 en Moaña (O Morrazo) e ribeirense desde hai décadas, é veciño do Touro.
Entrou en contacto co nacionalismo a finais dos anos 60 e comenzos dos 70. Integrouse na Frente Cultural. Xose Anton Parada Fernandez. BNG RibeiraPosteriormente formaría parte da UPG, ERGA, ANPG, BNPG e por último coa constitución do BNG, pasaría a militar nel.
Traballou en asociacións de veciños e asociacións culturais tales como; O Eixo, O Galo, Xoves Culturais do Barbanza (sendo presidente desta última). Actualmente é membro de Altofalante.
Sindicalmente pertenceu á UTEG e actualmente está sindicalizado á CIG-Ensino, do que foi liberado durante dous anos.
É concelleiro e traballa no I.E.S. da Pobra do Caramiñal.
Posúe unha ampla formación académica:
-Licenciado en Filosofía e Teoloxía pola Universidade de Salamanca.
-Licenciado en Linguas Clásicas pola Universidade de Santiago (USC).
-Experto en Filoloxía Paleosemítica. Con Cursos pola Universidade Autónoma de Barcelona e Sorbonne V de París.
-Publicacións en revistas como “Biblica” (Roma), “Olisbos”, “A Candea”, “Esculca” e “A Nosa Terra”.
-”Principia Morphologica et Syntactica Graeca” (Santiago de Compostela, 2001).
-Tese de doutoramento: “O tratado ‘De Alchimia’: Unha falsa atribución a Albertus Magnus Ratisbonensis. O problema da autoria nas obras alquímicas medievais”.
-Actualmente está a preparar unha edición coa traducción galega do Código de Hammurabi desde o acádico directamente ao galego.
Tamén é un amante da cociña.

5. Elivira Blanco Pérez

Elvira Blanco Perez. BNG RibeiraTen 22 anos aínda que fai 23 este mes. É natural de Olveira.
Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e é Licenciada en Bioloxía. Actualmente está rematando un Mestrado de profesorado en Lugo.
No mundo social é unha activista pola linga e é a Responsable da Mesa pola Normalización Lingüística na comarca da Barbanza.
Esta moza independente defende unha política ecoloxista de carácter transversal, considerando a conservación do medio natural como elemento clave para o desenvolvemento endóxeno.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *