Pleno Febreiro: Recoñecemento e xustiza coa Festa da Dorna. O 24 xullo festivo local a debate

- Festividades locais, Sta. Uxía e Festa da Dorna: o BNG conseguíu unha gran e importante vitoria tras anos de reivindicacións veciñais para declararmos o 24-X festivo local. O goberno Festa Dorna. Ribeira. BNGde Ribeira vai crear unha comisión para avaliar a declaración do 24 de xullo como festivo local. Esta comisión estará integrada por representantes de cada partido político, membros da Confraría da Dorna, membros da hostalaría e do pequeno comercio. Así mesmo, segundo medios de comunicación haberá un pequeno inquérito consultivo para sondar a opinión que poida haber sobre este tema. Tras anos de reivindicación da veciñanza, mocidade, da Confraría da Dorna e do BNG esta proposta saíu adiante por unanimidade.

Consulta a moción íntegra e os acordos: Festa da Dorna e festa de Sta UxíaLuís Pérez Barral, Antón Parada Fernández, Xosé Antonio Vázquez Cobas. Mercado Municipal Ribeira. BNG

- Deficiencias do Novo Mercado Municipal: desde o BNG trasladámoslle ao goberno local as queixas e problemas que teñen as praceiras e praceiros en relación ao novo mercado, sobre todo o relacionado coa falta de espazo e co supermercado. Tras expoñer estas queixas, o concelleiro de mercados, no canto de traballar para resolver problemas tivo unha actitude infantil e dedicouse a mofarse dos membros do BNG. A pouca altura de miras deste goberno totalmente pechado ás opinións da xente, votou contra esta moción.

Consulta a moción íntegra e os acordos: Deficiencias do Mercado Municipal Ribeira

- Aprobación dos estatutos para integrarse na rede : Neste punto o BNG foi moi crítico coas alegacións do PP para a obtención deste premio. Non estamos en contra de que Ribeira, ciudad innpulso. Cidade Ciencia Innovación. BNGa Ribeira se lle concedan premios como intentan facer crer, faltaría máis! pero consideramos que as actuacións e políticas levadas a cabo polo Partido Popular non son merecentes de tal premio. Cales son os nosos motivos? Aquí os detallamos. A postura do BNG foi parabenizada e apoiada por varios científicos e investigadores ribeirenses que están emigrados.

Posicionamento do BNG ante o galardón: “Cidade da Ciencia e da Innovación”, un premio inmercido

- Moción sobre a preinscripción de fármacos a doentes de Hepatite C: conseguimos o apoio unánime dos grupos da corporación municipal para sacar adiante esta moción. O groso do texto persegue que os e as doentes de Hepatite C poidan ser tratados/as cos mellores medicamentos de última xeración e conseguir, deste xeito, superar a enfermidade o máis pronto posible, tendo as máximas garantías.

Moción completa: Proposición Prescripción Fármacos Hepatite C

- Moción demandando a creación dos Consellos de Saúde: pretendíase a creación dun consello de participación veciñal, integrado por colectivos sanitarios, plataformas, etc que puidesen participar asesorando e facendo achegas para as políticas sanitarias. Malia que isto está recollido na lei de Saúde de Galiza, o PP non deixou crear este consellos. Vese que todo o que cheira a participación e transparencia lles produce arrepío. Votos a favor do BNG, PSOE e IPR e voto en contra do PP.

Moción completa: Mocion Consellos Saúde Área Sanitaria

- Aprobación para a creación dun obradoiro de emprego entre Ribeira e Porto do Son. Aprobado por unanimidade. – Aprobación por unanimidade para mellora de limepza en Aguiño e Palmeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *