Proposta do BNG en relación ás festividades locais

No calendario de festas da parroquia de Ribeira están tres principais; a Festa da Dorna, as Festas do Verán e as Festas Sta. Uxía. Cremos no BNG, que é preciso facer unha reflexión sen prexuízos previos nin ideas preconcibidas, para que a veciñanza de Ribeira poida festexalas con plenitude, alegría e satisfacción.

Festa Dorna. Xosé Vázquez Cobas, Dores Vidal Peón, Luís Pérez Barral. BNG RibeiraAs Festas de Agosto están perfectamente consolidadas e asentadas. Non podemos dicir o mesmo das Festas de Sta. Uxía que, sendo importantes para Ribeira, son de difícil festexo.
A nosa proposta vai no sentido de que sexa honrada como patroa da cidade cos actos que se consideren necesarios, pero sen precisar ser declarado festivo local e que se celebren as festas populares a fin de semana seguinte ao día propio. Isto faría que fosen máis celebradas polos veciños e veciñas ao tempo que serían máis desfrutadas e tamén máis rendíbeis as cuantiosas inversións que fai o concello na súa celebración.

A respecto da Festa da Dorna, declarada de Interese Turístico Galego dende o ano 2005, dicir que é unha festa orixinal e especifica do concello de Ribeira. Que se vén celebrando dende hai máis de 70 anos coa implicación e participación das veciñas e veciños e de moita mocidade. Sendo foco de atracción e participación de miles de visitantes de todo o país. Cremos que deben ser atendidas as reiteradas peticións para que sexa festivo local o 24 de xullo feito que redundaría nunha maior participación e reportaría importantes beneficios sociais e económicos ao noso concello.

Por iso, o BNG de Ribeira, solicitará do Pleno da corporación municipal os seguintes ACORDOS:

1 a) Que as festas de Sta. Uxía se celebren sempre a fin de semana seguinte ao seu día oficial para que poidan ser máis desfrutadas e participadas pola veciñanza de Ribeira.

1. b) Que os actos acaídos, se celebren no seu día propio sen que sexa declarado festivo local.

2. Que o concello de Ribeira declare, a partir de 2016 e para sempre, o 24 de xullo, Día da Dorna, Festivo local.

One Comment on “Proposta do BNG en relación ás festividades locais”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *