Pleno Xaneiro: o PP impón as súas obras á veciñanza

- Obras da estrada xeral de Aguiño (Francisco Lorenzo): esta obra está levantando certa polémica entre a veciñanza Aguiño. Obras. BNG Ribeirade Aguiño, xa que non conta co respaldo da xente do lugar nin tiveron oportunidade de participar do proxecto. Esta é a maneira de gobernar do PP, chegan e impoñen as reformas e obras sen contar coa participación veciñal. As obras van a Rúa Lagarto até a rúa Carreiro e supón cambios de direccións e pasos elevados. En palabras de Manuel Ruíz a obra “irase facendo e xa despois se verá sobre a marcha o da dirección e as demais cousas”. As obras faranse despois das eleccións o que nos leva a pensar que o alcalde quere un cheque en branco e prometerá unha cousa para logo incumprir promesas e facer o que lle praza despois das eleccións se sae elixido como xa ten ocorrido.

O obxecto e descrición das obras di textualmente: “mellorar a seguridade viaria da zona conferíndolle á vía o carácter urbano que ten. Por isto, no proxecto contémplase a implantación dun único sentido de circulación cun carril de 4m e unha banda de aparcamentos en liña de 2,50 m.

A postura do BNG é a seguinte; os cartos da deputación non deben rexeitarse nin deixarse perder (464.877€) pero a veciñanza debe ser copartícipe dos proxectos e obras que se realizan, nunca ser impostas á forza. Un goberno do BNG primeiro reuniríase cos veciños e veciñas para avaliar as necesidades e, en base a elas, realizar un proxecto que poida ser de todos e todas.
Desde o BNG pensamos que o Concello e a veciñanza afectada deben chegar a un acordo, ambas partes deben ceder e ver vantaxes e desvantaxes. Para iso é necesario participación, cousa que o PP nunca quere nin fai. Votos a favor do PP e IPR, abstención do BNG e PSOE e contra dun concelleiro do PP.

- Moción esixindo melloras no Hospital da Barbanza: o voceiro Xosé Vázquez Cobas, defendeu a necesidade de partidas Hospital Barbanza. BNG Ribeiraorzamentarias para ampliar o servizo de urxencias que se atopa colapsado ou o laboratorio no que apenas se posúe espazo físico para traballar. Cobas criticou o electoralismo e a propaganda do PP que só fai política de foto para anunciar obras que non se ven por ningún lado. Así mesmo, denunciou que o Hospital está quedando pequeno e por riba é o único de Galiza que non ten celadores/as ou que leva anos sen partidas orzamentarias (só lle dan 20.000€ para mantemento). Votos a favor do BNG, PSOE e IPR e votos en contra do PP.

Moción completa: Moción Hospital da Barbanza

- Moción sobre tarifa eléctrica galega: defendida polo compañeiro Xosé Antón Parada, pretendía solicitar que a administraciónTarifa Eléctrica Galega BNG RIbeira local instase á Xunta a crear unha tarifa eléctrica diferenciada co fin de abaratarmos o custo enerxético. Isto beneficiaría a centos de persoas que padecen unha precaria situación económica e a aquelas que non poden quentar os seus fogares no inverno, mais tamén beneficiaría ás empresas radicadas no noso País que serían máis competitivas.
Malia Galiza ser un país exportador de electriciade, mentres as eléctricas gañan milleiros de millóns de € xerando electricidade no noso País ocasionando problemas ambientais, non obtemos ningún beneficio pois tributan fóra en Madrid. Contou cos votos a favor do BNG, PSOE e IPR e os votos en contra do PP.

Moción completa: Moción tarifa eléctrica galega. BNG Ribeira

- Moción sobre a comercialización de proximidade: o texto defendido por Luís Pérez Barral, busca propiciar medidas que fomenten os produtos galegos de horta, a silvicultura, o agro, feiras, ecolóxicos, mercadiños, etc para contribuír a xerar emprego local. Solicitouse a creación dun selo que dignifique o produto e o faga coñecido e, por último, que as administracións públicas merquen produtos galegos para comedores escolares, hospitais, etc  producindo riqueza e emprego aquí. Tamén se solicitou a súa futura incorporación ao novo mercado municipal. Aprobada por unanimidade.

Moción CompletaMoción decreto venda directa, comercio local e etiquetaxe

- Ordenanza e estacionamento de caravanas en Ribeira e Aguiño: a normativa pretende ordenar o seu estacionamento. Desde o BNG esiximos que esta normativa conte co visto bo do sector dos campings que poden verse afectados. Tamén criticamos que o proxecto é moi pouco ambicioso pois ten un custo de 10.343€ para só 5 prazas. Outra das eivas contempladas e expostas foi que non se contempla ningunha praza para zonas como Corrubedo ou Palmeira nas que hai presenza destes vehículos. O máximo temporal de estacionamento será de 72 horas.

- Gastos varios por valor de 344.664€:
- Amortización dunha débeda con ABANCA: 145.172,66€
- Pavimentación do camiño da Auga e outros en Castiñeiras 55.000€
- Pavimentación Rúa Falcato e contorna en Corrubedo 50.000€
- Pavimentación estrada Carballal, Rúa Bouciña en Palmeira: 63.000€
- Renovación de beirarrúas nun tramo da Avenida de Ferrol 31.491,71€

Solicitudes relativas á modificación sobre a adhesión de SOGAMA e sobre promoción do Día de Rosalía de Castro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *