Abanea a maioría absoluta do PP en Ribeira, sábeno e están preocupados

Sabiamos que Manolo Ruiz estaba moi preocupado pola crise interna do PP en Ribeira que malamente puido disimular coa retirada das competencias ó edilCociña electoral PP. BNG Ribeira Vicente Mariño, que demitiu coma 3º teniente de Alcalde. O home forte para o PP de Ribeira destituído por non achantar cos favoritismos e cacicadas.

Sabiamos da preocupación do PP e de Manolo Ruiz e, este domingo, unha enquisa demostrounos que abanea a maioría absoluta de Ribeira ao darlle un máximo de 11 edís.

Hai máis dunha semana sabíase que, a maldita enquisa obrigouno a cambiar a súa secretaria por unha doutra familia do PP para acalar rumores.

Á enquisa debemos darlle o valor que ten porque:

- Nin tan sequera están confirmadas as candidaturas, polo que ten significación estatistica nula. O inquérito pregunta por forzas que non se presentarán; caso de Podemos, cando menos con ese nome, e outras ao mellor nin se presentan como IPR. Mentres que non se pregunta por outras que é posíbel que si o fagan, como o partido conservador “Cidadáns”.

2º- Efectivamente, nin tan sequera hai candidatos/as e tal e como se sabe, este é un punto fundamental nunhas eleccións municipais, logo a metodoloxía estatística está moi relacionada con dinamicas estatais.

3º- Para máis inri, as enquisas de Sondaxe teñen errado na inmensa maioria dos procesos electorais e adoitan ser moi favorábeis ao PP. Sen ir máis lonxe: nas europeas non detectaron Podemos, ou a caída estrepitosa do PP, nas autonomicas erraron con AGE e nas pasadas xerais non pronosticaron a brutal caída do PSOE.

4º- O BNG leva varias lexislaturas como 2ª forza e ten demostrado unha forte oposición ás políticas antisociais, ao ataque dos servizos públicos, de empobrecemanto e de malgasto feitas polo PP.
Cremos que o traballo sempre trae resultados e dará o seu froito para que Ribeira poida contar cunha alternativa.
A nosa alternativa é dar prioridade das políticas sociais, a reactivación económica dos sectores produtivos (comercio, pesca, hostalaría, industria), centrámonos na xente e traballamos pola transparencia e coa participación veciñal.

A COUSA É GRAVE A XULGAR POLOS CAMBIOS E AS PREOCUPACIÓNS DO PP, TAN GRAVE QUE OS XANTARES, ASFALTADOS E AS INAUGURACIÓNS DE ÚLTIMA HORA PARECEN NON SER REMEDIO PARA EVITAR A PERDA DA MAIORÍA ABSOLUTA DO PP EN RIBEIRA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *