Entrevista ao voceiro do BNG Ribeira, Xosé A. Vázquez Cobas

Nesta entrevista da Canle Rías Baixas, Xosé A. Cobas tivo ocasión de falar do desemprego, da emigración, da falta de recursos de moitas familias de Ribeira, da suba de impostos aplicada polo PP nestes 3 últimos anos, da ausencia de chan industrial, mercado, policía local, entre outros.

Tamén amosou que no BNG temos un proxecto alternativo e centrado na xente. Un programa de reactivación económica e xustiza social, defendendo os dereitos sociais e veciñais fronte ás políticas do PP. A xente do BNG; militantes con experiencia e xente moza e veciñ@s que defenden un cambio, aportamos o mellor das nosas ideas e do noso traballo, para sermos a alternativa de goberno en Ribeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *