75.000€ en pagos irregulares e conxelación interesada das taxas en ano electoral

A continuación deixámosvos un resumo do pleno do mes de outubro e algunha iniciativa levada a cabo polo BNG:

- Recoñecemento extraxudicial de crédito, ou o que ben sendo o mesmo, o pago irregular de 75.300€: O PP aprobou en solitario e co rexeitamento da oposición estes pagos que fixeron sen cumprir o procedemento estabelecido sen ningún trámite previo e sen licitación pública. 
Por se todo isto fose pouco, o informe do departamento de intervención é desfavorable e non avala este gasto pero parece que tampouco lle importa moito ao alcade, ir en contra de informes técnicos.

- Conxelación electoralista das taxas municipais: o PP anuncia que durante o ano electoral 2015 conxelará todas as taxas municipais. Esta medida adóptase tras subir tódolos impostos un 9% en tres anos.
Parece que ao alcalde interésalle máis non subir as taxas no ano 2015 cando haberá eleccións municipais e estatais, ca non subilas cando llo solicitou o BNG en varias ocasións para non prexudicar a economía da veciñanza e, sobre todo, axudar a situación que padecen centos de desempregados/as, familias con problemas que non poden nin pagar a luz, auga, comida…Manuel Ruiz Rivas alcalde Ribeira

A pesar de ser unha medida claramente electoralista e que atende a intereses do PP, no BNG votamos a favor porque será un ínfimo respiro para veciñanza que estea nunha mala situación económica.

- Moción para a prevención da violencia machista: esta iniciativa do BNG achegaba unha serie de medidas concretas para previr e loitarmos contra a violencia machista no noso concello. O terrorismo machista leva matado máis de 700 mulleres en 10 anos, unha auténtica atrocidade!
Segundo o concelleiro Luís Pérez Barral “é obvio que a morte dunha soa muller é máis que suficiente para implementar medidas de seguridade e protección así como para mellorar a loita contra a violencia machista. Ribeira, non é allea a esta problemática e por iso pedimos accións concretas, máis aló das que se realicen por parte doutras administracións, non agardemos a lamentar unha morte para comezar a traballar“.
Co obxectivo de exercer este compromiso día a día, e non só arredor da data do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres, o BNG demandou unha serie de medidas concretas que podes ver no final da moción. Contou cos votos a favor do BNG, PSOE e IPR e a contra do PP.

Moción completa: Mocion contra a Violencia Machista e medidas de educación e prevención

- Moción en relación á condonación das débedas das comunidades de montes e contra a súa privatización: Unha parte considerable dos seus orzamentos destínase á mellora do propio monte (o que beneficia ao conxunto da sociedade) e outra parte dedícase a obras de caracter social, comunitario e a actividades socioculturais (o que repercute na mellora da calidade de vida dos habitantes dos concellos). Estas son algúns dos motivos que Xosé Antón Parada (BNG) defendeu no Pleno para solicitar que se lle perdoen as débedas, algunhas delas falsas. A Xunta pretende facerse coas hectáreas das comunidades de montes que non poidan pagar para entregárlle-las a empresas privadas que non terán obriga de reverter o 40% dos ingresos na mellora do monte e moito menos a investir de xeito voluntario en obras de carácter social e comunitario (traídas de auga, centros socioculturais, asfaltado de camiños, zonas de lecer….), e en activades socioculturais (grupos musicais, teatro, bandas de música, grupos de baile…), o que repercutirá negativamente na calidade de vida de galegas e galegos.

Moción completa: Moción para condonar as débedes das asociacións de montesBeirarrúa para a Graña Carreira BNG Ribeira

- Moción para mellorar a seguridade viaria da Graña dotándoa de beirarrúas: a estrada que comunica coa Graña, Couso e Aguiño soporta un transito elevado de vehículos pesados xa que é a vía de acceso as instalacións industriais de Couso. No núcleo da Graña, carece de beirarrúas. É fácil imaxinar os inconvenientes que xera o transito á beira da porta da casa agravados ao carecer dunhas condicións mínimas de seguridade. O trazado sinuoso da estrada diminúe a visibilidade para condutores/as e para os veciños e veciñas o que aumenta o risco de atropelo e por iso cómpre dotala de beirarrúas.
Por iso, o BNG facéndose eco da demanda veciñal, pide que o Concello de Ribeira xestione a inclusión desta obra no próximo Plan de Obras da Deputación da Coruña.

Máis fotografías: Beirarrúas para a Graña

- Solicitude dun colector de papel e mellorar a limpeza na zona do Colexio da Capela de Carreira: nesta zoan hai diversos estabelecementos comerciais o que faría necesario que periodicamente o persoal de limpeza acudise á zona. A carón do colexio da Capela hai diversos colectores, pero un deplorábel acto vandálico, o colector de papel foi queimado, hai máis dun ano, e non se procedeu a súa reposición o que ocasiona moitos inconvenientes á veciñanza e tamén ós estabelecementos xa que, pola súa actividade comercial, precisan dun para recoller o cartón e papel que xeran.

- Esiximos explicacións sobre o Centro Social de Carreira: a obra foi realizada polos Obradoiros de emprego Vionta e Tahúme. Rematados estes, o Centro Social Carreira BNG RibeiraCS está paralizado e queda medio facer. O BNG dixo que se esta paralización se prolonga no tempo acabará producindo deterioro na estrutura xa construída e risco de que a obra se estrague tras investir centos de euros.
Por iso, o veciño e concelleiro Xosé Antonio Vázquez Cobas, solicitou:

1. Que o equipo de goberno diga que plans que ten para continuar coa obra tan demandada pola veciñanza?
2. Cando se retomará a súa construción?

A todo isto o equipo de goberno respondeu que intentará rematalo durante o ano 2015, desde o BNG estaremos vixiantes para que non corra igual sorte ca outras moitas obras en Ribeira e fique a medio facer.
Máis fotografías: Centro Social Carreira

- Outros temas tratados: 

_Solicitar xestión dos edificios do Faro de Corrubedo
_Publicación na páxina web do inventario de bens do Concello de Ribeira
_Viveiro de empresas no antigo matadoiro, preto da Fieiteira.
_Plan de Obras e Servizos da Deput. Coruña (POS) e Plan Complementario:
Renove de beirarrúas e asfaltado para un anaco da Av. Coruña
Asfaltado Rúa Vella Palmeira
Asfaltado dun camiño na Cerca en Aguiño
Asfaltado da rúa Álvaro Cunqueiro
Instalación pista multideporte para Deán Grande

Unha reflexión sobre “75.000€ en pagos irregulares e conxelación interesada das taxas en ano electoral

  1. P. C.

    O alcalde ten que pagar os favores que o levaron a ocupar o posto que ten! 75000 euros e sabe dios o que non sabemos porque non sale á luz.
    Ca subida de impostos xa non dijo nada porque fala por si solo, a ver si as cousas cambian aljo

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *