O PP aproba o prego para contratar un servizo de lixo cas dúbidas da oposición

Hoxe, celebrouse un pleno extraordinario para avaliar e debater o prego de cláusulas técnicas para a contratación da xestión do servizo público de limpeza pública, recollida e transporte de residuos sólidos urbanos e xestión do punto limpo. O importe é de 2.000.000€ por ano durante un período de 12 anos.Servizo recollida lixo Ribeira BNG

O PP aproba en solitario este prego de condicións, que terá que cumplir a empresa que resulte concesionaria do servizo, xa que ningún grupo da oposición votou favorablemente.

Desde o BNG explicamos que o modelo que defendemos non é o modelo de SOGAMA que incinera e enterra os resíduos sólidos nun vertedoiro, o modelo que defende o BNG é un modelo sustendado na redución, reutilización e na reciclaxe, así como tamén na compostaxe de resíduos orgánicos. Este modelo sería máis sustentable porque recicla de verdade e non enterra o problema, e está comprobado que xera moito máis emprego cá incineración.

Desde o BNG tamén propuxemos que a prestación deste servizo fose municipal para mellorar as condicións nas que se realiza e porque sería máis económico que dalo en concesión, máis transparente e a contratación de persoal sería por méritos e capacidades.

Finalmente hai que lembrar como o goberno do PP da Xunta decidiu unha suba do canon que pagan os concellos a SOGAMA un 33% para salvar os beneficios da eléctrica Fenosa que ten un 49% de Sogama, polo que en Ribeira teremos que pagar 155.000€ máis.

Lamentar a decisión do Concello tamén por non incluír cláusulas sociais que blinden os dereitos dos e das 40 traballaroras que actualmente realizan este servizo.

O PSOE incidiu sobre todo na suba do canon de Sogama, mentres que IPR fixo un repaso máis pormenorizado do prego centrándose en aspectos e exemplos máis concretos para a cidadanía e outros referidos ao punto limpo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *