Temas tratados no Pleno setembro 2014

Resumo dos temas tratados no pleno do 29 de setembro do 2014:

- Moción sobre a defensa da pluralidade, participación política e sobre a reforma electoral: Xosé A. Vázquez Cobas, defendeu a necesidade de contarmos con máis mecanismos de participación para que a veciñanza poida ser copartícipe das decisións políticas. Neste sentido, rexeitou calquera tipo de reforma electoral como a que pretende aprobar o PP, unilateralmente e sen consensos. Por que facer esta reforma a poucos meses dunhas eleccións municipais? Pois porque o PP decátase de que, aínda tendo maioría nas institucións, non ten maioría social na rúa e ve o perigo de perder moito poder. Pretenden facer que co 40% dos votos un partido teña maioría absoluta, dando lugar a institucións non representativas con menos pluralidade e reforzando o bipartidismo. (Rexeitada polo PP)

Moción completa: Proposición defensa pluralidade e participación política contra a reforma electoral do PP

- Moción contra o canon bibliotecario: o compañeiro Xosé A. Parada, explicou claramente como desde o BNG nos opoñemos  ao que sería a un imposto á Canon cultural BNG Ribeiralectura. Este novo imposto á cultura, xunto co 21% de IVE nas actividades e material cultural, conta co rexeitamento da Asociación de Arquiveir@s, Bibliotecari@s, Museólog@s e Documentalistas de Galicia e de boa parte dos persoeiros do mundo da cultura. (Votos en contra do PP e a favor do BNG, PSOE e IPR)

Moción completa: Proposición contra o Canon bibliotecario

- Moción sobre o dominio .gal: Luís Pérez Barral expuxo os beneficios de que o Concello de Ribeira pasase a ser ribeira.gal en internet e promocionase o seu uso. Este dominio visibiliza a nosa comunidade con fortes vínculos lingüísticos, culturais, históricos e sociais e, alén diso, o dominio axuda ao mundo da cultura galega e fomenta as novas tecnoloxías.
Este dominio é xestionado pola Asociación PuntoGal e os intereses económicos que se producen da actividade serven para o mantemento do propio dominio e os beneficios invístense no fomento da lingua e cultura galega dentro do ámbito das novas tecnoloxías.
Por último tamén fixo fincapé en que alén do beneficio cultural e de visibilización de Galicia en internet, producirá beneficios económicos xa que as web e os dominios .gal tributarán en Galicia. (Aprobada por unanimidade)

Moción completa: Dominio .GAL

- Solicitude de arranxo da fachada do Cine Millán: desde o BNG pensamos que debemos coidar o noso patrimonio material —e inmaterial—, e dentroCine Millán Palmeira. BNG Ribeira dese patrimonio material están os edificios públicos e privados que significaron algo para os seus habitantes; ou que dan o toque distintivo á vila. Un deses edificios que marcou unha impronta na parroquia de Palmeira foi o Cine Millán. Un edificio de estilo neoclásico serodio —como eran todos estes cines que se abriron ao albor do cinematógrafo no primeiro cuarto do século XX— do que hoxe só se conserva a súa fachada totalmente deteriorada polo paso do tempo e pola falla de adecentamento. Hoxe en día supón un auténtico perigo para @s viandantes porque está a caer a anacos.

Solicitude completa: Solicitude Cine Millán en Palmeira

- Solicitude de asfaltado e pavimentación da rúa de Lugo: esta vía céntrica moi utilizada, leva tempo en malas condicións, habendo lugares con fochancas e firme irregular nalgún tramo da estrada. Alén dos problemas da estrada, as beirarrúas actuais son estreitas, nalgún tramo teñen pendentes excesivas e mesmo están desfeitas polo que se deberían ampliar para darlle máis espazo a viandantes e reducir as dificultades e obstáculos ás persoas con mobilidade reducida. Unhas beirarrúas amplas tamén beneficiaría aos establecementos comerciais.

Solicitude completa e fotografías: Renovación e asfaltado da rúa de Lugo

- Solicitamos Melloras para Bandaorrío: xa son reiteradas as ocasións nas que, desde o BNG, temos pedido melloras para esta parte do municipio. A veciñanza segue transmitíndonos as súas queixas ante a falta de mantemento que existe. Na actualidade podemos ver partes da rúa peonil con lousas que se moven, outras que están quebradas e isto supón un perigo ao existir risco de caídas. Na estrada poden verse fondas fochancas.
Dores Vidal di “a rúa de Portugal e a Praza de Pontevedra deberían ter un lavado de cara e, como mínimo, deberían asfaltarse os tramos que se atopan en peores condicións, xa que podemos ver como hai fochancas bastante profundas nas que un coche pode pinchar unha roda“.

Solicitude completa e fotografías: Melloras para Bandaorrío

- Outros asuntos:

- Melloras en seguridade viaria e pasos de peóns: rexeitada polo PP e votos favoralbes do BNG, PSOE e IPR
- Instalación de liña de saneamento en Corrubedo. Aprobado por unanimidade – Expediente de expropiación por mutuo acordo para o proxecto de recuperación do río Arlés en Artes. Aprobado por unanimidade

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *