Cando rematará o saneamento da zona do Vilar? A historia doutra obra paralizada

Desde o BNG presentamos unha solicitude ante o Pleno e ante o Alcalde de Ribeira en relación a unhas obras inacabadas eObras Carreira Ribeira BNG paralizadas en Carreira.
Isto xa vén sendo habitual e tónica xeral deste equipo de goberno, comezar obras para logo deixalas meses paralizadas incumprindo os prazos de execución.

Na aldea do Vilar en Carreira, estase executando a obra adscrita ao Canon de Saneamento de Instalación da Rede de Saneamento, na parte da estrada. Foi adxudicada polo procedemento negociado sen publicidade a empresa Lisardo Inversións S.L na Xunta de Goberno Local do 19/12/2013 por 160.295€ e cun prazo de execución de tres meses.

O concelleiro Xosé Antonio Vázquez Cobas aclarou: “A día de hoxe a obra esta parada e cun retraso na execución que xa triplica o prazo de adxudicación pero o máis grave é que non se ve no curto prazo unha pronta conclusión da obra“.

Obras Carreira Ribeira BNGA veciñanza do lugar está sufrindo molestias diarias e tamén danos nas súas propiedades nomeadamente nos coches (algúns xa sufriron avarías) polo mal estado dos accesos as súas casas. Por outra parte o estado da estrada incrementa o risco de sufrir accidentes pola non conclusión das obras.

Por iso, se lle solicita ao Sr. Alcalde

- Que esixa á empresa o remate das obras de xeito inmediato e proceda segundo a lei polo incumprimento dos prazos por parte da empresa.

Máis fotografías da zona: Obras Saneamento Vilar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *