Conseguimos o apoio unánime para a mellora de varios camiños en Castiñeiras e Carreira

No Pleno celebrado onte, conseguimos que se aprobarán por unanimidade as melloras dos seguintes camiños:

Adecentación do camiño público de Martín ao Touro: 

O concelleiro e Xosé Antón Parada, solicitou ante o equipo de goberno o amaño deste camiñoCamiño Touro Ribeira BNG público. Esta congostra que vai de Martín ao Touro, no seu tempo foi un camiño de paso obrigado e necesario para a veciñanza de Martin que se dirixía á praia ou ás súas fincas no lugar. Actualmente a deixadez do Concello fai que sexa impracticable nalgunhas partes do do seu itinerario. Como consecuencia os peóns vense obrigados a pasar polas fincas adxacentes, cos prexuícios para os donos e donas de tales terreos. Martin Castiñeiras Ribeira BNGXa son máis os treitos que van polas fincas cós que respectan o primitivo trazado da congostra, pois sen coidado e mantenemento rematou por estar cuberto todo por silveiras facendo imposible pasar, como pode observarse nas fotografías. Sábese que tal congostra estivo no seu día empedrada como se pode ver polo comenzo en Martín e polo remate no Camiño Touro-Martín Ribeira BNGTouro, e ademáis así o confirmou a veciñanza máis vella do lugar. Actualmente é utilizada aínda por moita xente que sae a camiñar.
Por todo isto, o grupo municipal do BNG SOLICITA:

1. Que os servizos municipais procedan de contado á limpeza e adecentamento do camiño de Martín ao Touro, sobre todo nestes meses de verán que é cando máis é utilizado pola xente que se achega ata as praias do Touro, Area Secada e Furnas.
2. Que por parte da concellalía competente se proceda a restituír o auténtico trazado, adecentando, canalizado as augas e restituíndo o empedrado primitivo, co gallo de evitarlles así á veciñanza colindante os “auténticos” camiños que fixeron nas súas leiras. 

Deficiente pavimentación da estrada Carreira-Graña: 

O voceiro Xosé Antonio Vázquez Cobas, di que foi acondicionada cunha nova capa de rodadura no mes de marzo. Desde entón son xa varios os episodios de afloramento á superficie do piche líquido e pagañento creando dificultades de tránsito tanto a vehículos coma a transeúntes. Como se pode imaxinar canta máis temperatura máis dificultades aínda que non se precisa que esta sexa moi elevada para que se produzan. Houbo tentativas de solución botando area na estrada mais sen resultado positivo algún. Hai unhas semanas procedeuse – inutilmente – ao repintado da sinalización horizontal que foi comesta polo chapapote que zumega e polo que vai pegado nas rodas dos coches.
Esta situación esta a crear malestar e descontento na veciñanza que sofre perigo de accidente polo esvaradizo da estrada así como molestias e tamén danos nos seus bens (coches).

Por iso, o grupo municipal de BNG de Ribeira pregunta ao Concello de Ribeira:

1.- Ten pensado o goberno local solucionar este problema, coas medidas técnicas, os materiais adecuados e coa premura que a situación require, evitando así, perigos á veciñanza e que non se sigan gastando cartos en solucións ineficaces como se fixo até agora? 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *