Información sobre a posible reanudación da actividade de precociñado e procesado en Deán

Esta iniciativa sae a raíz dunha xuntanza entre a veciñanza de Deán e membros do BNG. A iniciativa pretende evitar posibles molestias e poder compatibilizar a actividade económica da empresa ca conviviencia da veciñanza.
Dean Ribeira BNG

Como é de xeral coñecemento logo do desafortunado incendio nas instalacións de CONGALSA S.L. situada en Deán Pequeno ao longo do ano 2012 o Concello concedeulle licenza para reparar os danos ocasionados. Xa no 2013, o 24 do abril presentase solicitude de ampliación da licenza de obras (276/12) para ampliación de nave polos conceptos entre outros de: Instalación frigorífica de nave industrial e mellora de planta depuradora de augas residuais.

O 5 de novembro presentase no rexistro o “Proxecto de modificación dunha planta de tratamento de augas residuais por sustitución de todos os equipos“; “Proxecto modificado de execución de nave industrial destinada a ampliación de cámara frigorífica” e proxecto de “instalación frigorífica con refrixerante R717 para atender túnel e cámaras de conxelados “. Todos eles asinados polos técnicos.

Hai anos a actividade desta empresa en Deán Pequeno foi motivo de conflito coa veciñanza até que se produciu o traslado do procesado e elaboración de produtos precociñados e conxelados de peixe ao polígono da Pobra . Por iso que a renovación e ampliación dos equipos para dita actividade ten xerado alarma entre a veciñanza que teme de novo verse afectada polos cheiros que invadían as súas casas e o ar que respiraban.

Ten coñecemento o grupo de goberno e o Sr. Alcalde se CONGALSA S.L. vai reanudar a actividade do procesado e elaboración de produtos precociñados e conxelados de peixe en Deán Pequeno, que tanta inquietude causa na veciñanza, tal e como parece deducirse da renovación da maquinaría para dita actividade?

Iniciativa completa ca análise do aparellador municipal: Pregunta e resposta en Relación a CONGALSA en Deán

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *