Xosé Alberte sempre na nosa memoria!

Antes de nada, as compañeiras e compañeiros do Bloque Nacionalista Galego queremos transmitir o noso máis sentido pésame á familia e amizades de Xosé Alberte Lorenzo Álvarez. Nestes difíciles momentos tedes o noso cariño e apoio.Xosé Alberte Lorenzo Álbarez BNG Ribeira

O compañeiro Xosé Alberte foi sempre unha persoa alegre, loitadora e combativa que traballaba sen agardar nada a cambio.
Tiña unha profunda responsabilidade social e isto móstrase na súa entrega e traballo altruísta en multitude de asociacións e colectivos ben colaborando activamente ou asumindo responsabilidades dentro delas.

Neste labor altruísta foi concelleiro e responsable local do BNG, director do IES Leliadoura e do IES Coroso, membro da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza, membro da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, membro das asociacións Altofalante, Pedra de Pidre, Renacer e Unicef entre outras.

Xosé Alberte deixa fonda pegada en nós, compañeiros e compañeiras da organización e en toda a sociedade ribeirense.

Xosé Alberte, un exemplo de bo e xeneroso. Que a terra che sexa leve compañeiro, ficarás sempre na nosa memoria. Apertas amigo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *