A presión da Hostalaría e do BNG fan recuar ao goberno de Ribeira

O goberno do Partido Popular vese obrigado a recuar na aplicación da normativa da Hostalaría que ía agravar a mala situación económica pola que pasa o sector hostaleiro de Ribeira ao obrigarlles a mudar tódalas terrazas e toldos. A nova normativa prohíbe a publicidade nestes elementos e obriga a que as cadeiras, mesas e toldos sexan brancos e/ou madeira segundo a zona onde estea o local.

Tal e como denunciara o BNG, isto supoñía un grave prexuízo económico ao sector, que ía verse obrigado a facer un gasto económico moi elevado para cambiar tódalas terrazas e toldos conforme establece a nova normativa. Esta foi a principal razón pola que o BNG se opuxo á normativa, sendo o único partido en saír en defensa do sector, facendo unha campaña informativa e votando contra a súa aprobación.

Grazas ás reiteradas demandas por parte do Bloque Nacionalista Galego e a presión do sector hostaleiro, o equipo de goberno encabezado por Manolo Ruíz, vese obrigado a recuar e facer caso ás demandas formuladas polo sector e BNG.

Chama poderosamente a atención que desde o goberno de Ribeira se promovan normativas de harmonización urbanística, para a Hostalaría, cando o Partido Popular leva aplicando -nas máis de dúas décadas que leva ao fronte do Concello de Ribeira - un modelo urbanístico baseado no feísmo e descoordinado -.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *