O BNG presenta un Plan de Emprego para Ribeira

O BNG vén de presentar un Plan de Emprego de Ribeira que contén máis de 100 medidas que abrangue de xeito integral tódolos sectores co que pretenden fomentar a creación de postos de traballo e evitar a elevada emigración.Concelleiro Luís Pérez Barral e responsable local do BNG Vicente Paz Carou. Ribeira

Na presentación do Plan de Emprego compareceron o responsable local do BNG, Vicente Paz Carou e o concelleiro Luís Pérez Barral que explicaron detalladamente diversos factores.

Denunciamos como en Ribeira hai un goberno incapaz de facer un plan de dinamización e de creación de emprego.
Non hai ningunha medida dirixida ao pequeno comercio, hostalaría, industria, pesca, mocidade, etc que supoña axudar a crear postos de traballo na cidade e nin tan se quera temos chan industrial dispoñible para asentar empresas.

Vemos como o noso municipio ten máis de 2.000 desempregad@s ou como desde 2010 máis de 2.000 persoas emigraron por non atopar oportunidade de traballo, sendo sobre todo mocidade formada.

Desgraciadamente temos que sumar as centos de familias que non poden chegar a fin de mes ou como nin tan se quera poden pagar algo tan básico como é a electricidade sen que este Concello faga o máis mínimo para solucionar os problemas de quen máis está padecendo esta crise económica e as consecuencias do capitalismo.

Este plan inclúe medidas para tódolos sectores desde a Sanidade, Servizos Sociais, pasando por Impostos, Comercio e Turismo, Enerxía ata Conserva, Industria, Pesca, Agro, etc

Consulta todo o plan e as medidas aquí:

Plan Integral de Emprego de Ribeira

 

Vídeo rolda de prensa: Presentación Plan Integral de Emprego

One Comment on “O BNG presenta un Plan de Emprego para Ribeira”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *