Ana Miranda defende no Barbanza un tratamento prioritario para os sectores produtivos da comarca

A cabeza de lista a nacionalista Ana Miranda, xunto cos candidatos da comarca Luís Pérez Barral e Raquel Suarez Regades e acompañada de membros do BNG na Barbanza, denunciaron o “roubo” aos afectados polas preferentes e aos emigrantes retornados nunha das comarcas de Galiza con máis persoas afectadas.Candidatura BNG presentación Barbanza

Vídeo: Candidatura BNG na Barbanza

A candidata do BNG ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, destacou hoxe no Barbanza o traballo do Bloque en Europa durante esta lexislatura na defensa dos sectores da pesca artesanal e o marisqueo. Nun acto diante do Mercado Municipal de Boiro cos candidatos e candidatas da comarca, Raquel Suárez Regades e Luís Pérez Barral, e xunto con máis membros do BNG comarcal, reivindicaron un tratamento diferenciado e prioritario dentro das políticas europeas de pesca para a pesca de baixura galega e para o sector marisqueiro e para que Galiza sexa declarada zona altamente dependente da pesca.

Debemos apostar pola calidade e por poñer en valor os nosos produtos, por iso é tan importante, por exemplo, que as latas de conserva leven o lugar onde foron pescados eses produtos”, insistiu lembrando a “batalla” que o BNG deu en Europa a prol da denominación de orixe nas conservas de mexilón galego.

A candidata nacionalista tamén lembrou que “o BNG levou a Europa a voz dos colectivos galegos que o precisaban” e fixo especial referencia aos afectados polas preferentes e aos emigrantes retornados que ven “roubados” os seus aforros nunha comarca como o Barbanza, das máis afectadas do país por estas dúas situacións.

Reabrir o Viveiro de Empresas

Antes desta presentación da candidatura Ana Miranda xunto con membros do BNG da Barbanza entre os que estaba o compañeiro de Ribeira Luís Pérez Barral, mantiveron unha xuntanza coa Asociación Boirense de Empresarios (ABE), onde apostou por reabrir con fondos europeos o Viveiro de Empresas posto en marcha polo BNG dende o Goberno municipal e pechado agora polo PP. Miranda lembrou que esta iniciativa recibiu o premio Cidade da Ciencia e a Innovación. “No periodo 2013-2020 os fondos de cohesión europeos van primar proxectos coma este”, dixo.

Ao mesmo tempo, a cabeza de lista do BNG defendeu a creación dunha banca pública galega para que as PEMES galegas teñan acceso ao crédito entre outras medidas de apoio ao pequeno comercio. “Non ten xeito darlle 9.000 millóns de euros de cartos públicos a unha entidade bancaria para que logo non sirva aos intereses do País”, dixo.

Outra das medidas para a creación de emprego destacou a importancia de loitar polos fondos que Europa porá a dispoisición para as empresas e das rexións para a innovación e a potenciar o emprego entre a xente moza.

Canidatura anticorrupción e da casa

Miranda defendeu a necesidade de apoiar o Bloque Nacionalista Galego para estea no Parlamento Europeo porque demostrou levar a voz dos problemas da maioría social agredida polas políticas de recortes de dereitos e servizos e loitou contra as políticas antisociais da dereita.

“Na nosa lista electoral van persoas que representan á Galiza máis rebelde e combativa, á Galiza que non se rende. Hai desde persoas estafadas polas preferentes, mocidade, estudantado, investigadores, afectados pola hipoteca, persoas da cultura, persoas de SOS-Sanidade, traballadores do naval ou ecoloxistas alén doutras moitos colectivos” concluíu.

Máis fotografías: Presentación candidatura e xuntanza coa Asociación de Empresari@s

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *