Pleno marzo: o PP e o seu talante pouco democrático

Na sesión celebrada este luns 31 de marzo, o PP e o equipo de goberno amosou o seu carácter menos democrático e máis reaccionario. Isto foi o que pasou:

- Moción para garantir o dereito a unha vivenda digna, favorecer o alugueiro social e paralizar os despexos: a moción presentada polo compañeiro Luís Pérez Barral pretendía denunciar a falta de control público á banca permitindo que concedese créditos hipotecarios abusivos, establecemento de cláusulas chan que fan pagar moito máis do que debería ser, etc que empobrecen á xente.Pleno Concello Ribeira. Carmela Queijeiro. L.V.G. BNG

Na actualidade unha que unha familia que perde a vivenda, segue tendo unha débeda co banco, algo ilóxico. Este é un grave problema que lle afecta a centos de familias de todo o país, só o ano pasado foron expulsadas das súas vivendas 3.500 familias e no conxunto do Estado houbo 183 despexos diarios.
Esta situación conséntese despois de que PP-PSOE lles regalasen máis de 200.000 millóns de € aos bancos desde 2007.

Por outra parte, membros da Plataforma STOP-Desafiuzamentos da Barbanza e membros do BNG reunímonos esta semana para falar deste problema afecta a centos de persoas e que na Barbanza xa houbo máis de 100 casos que solicitaron axuda. Na xuntanza abordamos as necesidades e as posibles solucións. A plataforma agradeceu o compromiso do alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños (BNG) que se rehabilitará as antigas casas dos mestres para poder aloxar a familias. Alén diso amosaron a súa gratitude e apoio ao BNG por levar este problema aos plenos dos concellos.

En Ribeira, sería preciso incrementar o persoal do departamento de servizos sociais para axilizar as axudas e dalas directamente para logo pedir xustificación xa que moitas veces, a burocracia ralentiza as axudas que son moi urxentes e fan falta de xeito inmediato. Solicitamos a tamén a creación dun fondo de emerxencia social que permitise a familias sen recursos mercar produtos de primeira necesidade.

Moción Completa e acordos que se pedíanMocion para garantir o dereito á vivenda

- EXPULSIÓN

Cando o PP votou en contra desta moción que axudaría a moitas familias do noso Concello que están nunha mala situación económica non tivesen o risco de perder a súa vivenda, varias persoas presentes no público calificaron de este feito de “vergonza”. En ningún momento se insultou a niguén.

Ante isto, a alcaldesa en funcións, Dolores Elorduy, mandoulle á policía local saber quen dixera iso para que @s botara fóra alegando que interrompían o pleno. Feito ante o que o concelleiro Luís Pérez Barral se opuxo firmemente porque dicir unha palabra non é interromper un pleno municipal.
Nese momento, de forma autoritaria e arrogante, Elorduy mandoulle calar e expulsou a Luís de xeito improcedente sen telo chamado á orde (é obrigado que es chame 3 veces á orde antes da expulsión) tan só por defender os dereitos das persoas e por interceder por esa xente. Luís levantouse do asento e díxolle que “esa é a ‘democracia’ do PP, mandar nas institucións como se fosen deles e mesmo querer impedir o dereito á discrepancia!”

Desde o BNG marchamos para amosar mostrar o noso apoio ás persoas do público e ao compañeiro Luís. Cando din que é unha vergoña que o PP vote contra unha proposta que axudaría a centos de familias de Ribeira que o están pasando mal, claro que é vergoñento, un goberno que lles dá as costas e se preocupa máis en facer obras que no benestar da súa xente e por riba ten aires de autoritarismo.

- Moción para manter o transporte adaptado 065: a compañeira Dores Vidal, defendeu a necesidade de que o transporte para persoas con mobilidade reducida non se fixese de pago xa que hai moitos/as usuarios/as que non teñen grandes recursos económicos. Ademais falou da función social que este servizo presta xa que grazas a el moitas persoas poden saír sen problemas da casa e facer tarefas como baixar á vila ou facer recados. Esta moción foi apoiada por tódolos grupos agás o PP que tamén votou contra unha moción de mellorar a accesibilidade no municipio e eliminar as barreira arquitectónicas.

Moción Completa e acordos que se pedían: Moción contra desmantelamento do transporte adaptado 065

- Moción contra a reforma da Administración Local: o compañeiro Xosé A. Vázque Cobas, criticou a reforma da administración local ao recentralizar as competencias dos concellos nas Deputacións, unhas institucións que non son elixidas polo pobo e que non saben as necesidades de cada concello tan ben como os propios concellos. A aplicación da reforma local, suporía perder as competencias,  entre outras cousas, en Servizos Sociais, Emprego (un concello tería que pedir permiso para facer un plan de emprego), usar o remanente de tesouraría en investimento social, etc
Alén do anterior, a reforma local, igualaría as necesidades dun concello de Murcia ou Extremadura aos concellos de Galiza algo que obviamente, non é lóxico xa que as necesidades son moi diferentes segundo cada rexión.

Moción Completa e acordos que se pedíanMocion reforma municipal e provincial

- Moción para garantir a asistencia sanitaria ás persoas que saian fóra do Estado español máis de 90 días: o concelleiro Xosé Antón Parada, dixo que o PP daba outro paso máis no recorte de servizos á poboación eliminando a sanidade pública a aquelas persoas que saian do Estado máis de 90 días. Isto aféctalle gravemente a Galiza e sobre todo a mozos e mozas que en 4 anos emigraron 77.000 mozos e mozas galegas tal  e como ten denunciado Galiza Nova. Por outra parte hai 93.000 fogares con tódolos seus membros en paro polo que a emigración para moitos será unha saída á que lle abocan, aínda que isto sexa perder o dereito á sanidade gratuíta e universal.

Moción Completa e acordos que se pedíanMoción asistencia sanitaria 90 días

Solicitude para que se asfalte a Corredoira da fonte de Vixán
- Solicitarlle á Xunta de Galiza a concesión da Medalla Castelao ao ribeirense nado en Aguiño Manuel Ayaso, e estudar a concesión do título de fillo predilecto de Ribeira.

Unha reflexión sobre “Pleno marzo: o PP e o seu talante pouco democrático

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *