Reclamamos a implicación do Concello para evitar desafiuzamentos

Membros do BNG da Barbanza presentamos publicamente en rolda de prensa unha moción que se debaterá nos concellos da zona. O BNG de Ribeira presentará no pleno do próximo luns 31 de marzo esta moción para reclamarlle ao Concello de Ribeira que se implique activamente en evitar que varias familias sexan expulsadas das súas vivendas.Raquel Suárez, Luís Pérez Barral, Cristina Andrade. BNG

Queremos denunciar como a falta de control público permitu que a banca concedese créditos hipotecarios abusivos, establecemento de cláusulas chan que fan pagar moito máis do que debería ser, etc

Na actualidade unha que unha familia que perde a vivenda, na actualidade segue tendo unha débeda co banco, algo intolerable. Este é un grave problema que lle afecta a centos de familias de todo o país, só o ano pasado foron expulsadas das súas vivendas 2.500 familias e no conxunto do Estado houbo 183 despexos diarios.

Esta situación conséntese mentres os gobernos de PP-PSOE lles regalaban milleiros de millóns de cartos públicos para sanear a súa nefasta xestión. Máis de 200.000 millóns de € desde 2007.

Por outra parte, membros da Plataforma STOP-Desafiuzamentos da Barbanza e membros do BNG reuníronse esta semana para falar este problema que afecta a centos de familias en todo o País e que na Barbanza xa houbo máis de 100 casos que solicitaron axuda á plataforma. Na xuntanza abordáronse as necesidades existentes e as posibles solucións. Os membros da plataforma agradeceron o compromiso do alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños (BNG) que dixo que se rehabilitaría unha antiga escola unitaria para poder aloxar a familias que se visen expulsadas da súa vivenda. Alén diso quixeron expresar a súa gratitude e apoio ao BNG por levar este problema aos plenos dos concellos.

Cabe dicir que no caso de Ribeira, sería preciso incrementar o persoal do departamento de servizos sociais para axilizar as axudas e dar as axudas directamente para logo pedir xustificación xa que moitas veces, a burocracia ralentiza as axudas que son moi urxentes e fan falta de xeito inmediato.

Por todo iso imos pedir ante Concello de Ribeira:

1. Creación dun fondo de emerxencia social para axudar a aquelas persoas que teñan o risco de seren expulsadas da súa vivenda por non poder pagar o alugueiro ou a hipoteca.

2. Crear un bono alimenticio para mercar produtos de primeira necesidade destinado a persoas con menos recursos.

3. Que o Concello de Ribeira colabore activamente coa Plataforma Stop-Desafiuzamentos da Barbanza.

4. Axudar a todas aquelas persoas do Concello de Ribeira que se vexan nunha situación de desafiuzamento, ben sexa intermediando co banco conseguindo un alugueiro social ou ben ofertándolle unha vivenda de protección oficial.

  1. Apoiar e asinar a Iniciativa Lexislativa Popular a prol de garantir na Galiza o dereito fundamental a unha vivenda digna e da protección dos colectivos sociais máis vulnerábeis, que aborde:

  2. A) Paralización dos desafiuzamentos, así como favorecer o alugueiro social.
    B) Creación dun parque galego para a xestión de vivendas baleiras e posta en marcha dunha axencia pública de alugueiro.
    C) A expropiación das vivendas a bancos, filiais inmobiliarias e outras persoas xurídicas que posúan as vivendas das persoas físicas que estean en proceso de execución ou embargadas por mor dunha situación derivada da fonda crise económica.
    D) A paralización inmediata dos desafiuzamentose do estabelecemento opcional da dación en pagamento.

    Solicitude Completa: Mocion para garantir o dereito á vivenda

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *