O BNG denuncia que o Concello obriga ao equipo de emerxencias a realizar tarefas que non teñen nada que ver coa seguridade e protección da veciñanza

O Bloque Nacionalista Galego tivo coñecemento por parte de membros deste colectivo, que o equipo de goberno do PP emprega a membros do GRUMIR para realizar tarefas que distan moito das que lle son encomendadas, a grave situación é a seguinte:Ribeira. Xosé Antonio Vázquez Cobas, Luís Pérez Barral. Protección Civil

Durante os últimos anos o concello de Ribeira contou cun GRUMIR (Grupo Municipal de Intervención Rápida), que funcionaba de forma interrompida durante unha media de 9 meses ao ano sostido a través de subvencións da administración autonómica. O equipo estaba composto por 12 membros contratratados de maneira temporal, alén de 3 efectivos (oficiais de GRUMIR) que estiveron contratados de maneira ininterrompida durante máis de 5 anos. Os compoñentes deste servizo contaban, na súa maioría, cunha elevada formación que ía incrementándose co paso dos anos, mediante un labor de formación contínuo, adquirindo novos e máis avanzados coñecementos ademais da experiencia derivada prestación de servizo á cidadanía.

Durante os últimos períodos de servizo do GRUMIR, este equipo dedicouse a realizar tarefas que nada tiñan que ver coa atención as emerxencias tales como pintado de pasos peonís, transporte de sinais de tráfico, etc
Algún destes 
traballos nin se quera estaban relacionados co servizo público, senón que, se lle encomendaban tarefas como o desbroce de fincas particulares, vixilancia de actos políticos do partido popular, traslados de material de particulares, etc. algo que é de extrema gravidade.

Estes feitos fan que poida verse mermada a calidade do servizo que prestan, xa que tardarían máis en prepararse e chegar a unha emerxencia.
Ademais desapareceron as actividades de preparación da poboación para afrontar situacións de emerxencia, non se realizan tarefas de autoprotección como charlas en colexios, 
non se realizan e actualizan os plans de emerxencia e autoprotección obsoletos facendo que non haxa protocolo a seguir ante posibles emerxencias, pode haber retraso no tempo de resposta, carencia de actividades formativas para os membros do servizo de emerxencias, etc

Tamén temos que denunciar o escaso e o mal estado no que se atopan os equipos de traballo co risco que isto implica para os propios/as traballadores/as e para a cidadanía. Hai veces que non chega o material para todos os profesionais!

A partir do 2012 a Xunta formulaba a reordenación do “mapa das emerxencias en Galicia”, retirando os fondos para o sostemento dos GRUMIR. Ribeira viuse afectada por esta medida ao contar con máis de 25.000 habitantes e ao existir no municipio un parque de bombeiros supramunicipal (atende a 9 concellos). No parque de bombeiros, os equipos están conformados por 2-3 persoas cando o mínimo debería ser de 5 profesionais. 

Dentro do contexto exposto, a finais do ano 2012 remataba a contratación do persoal discontinuo do GRUMIR. Ante esta situación informábase da futura creación dun grupo de atención ás emerxencias por parte do Concello. Segundo puidemos saber, membros do equipo de goberno de Ribeira aseguraban que que si se prestaba o servizo indefinidamente de maneira voluntaria existirían moitas posibilidades de que pasasen a formar parte do hipotético servizo municipal de emerxencias en cuxa creación se estaba a traballar.

Paralelamente a isto, e ante a negativa de obedecer os dictados abusivos, carentes de rigor e impostos polo concello este decidiu, de forma unilateral, dar por finalizada a relación laboral cos tres membros estables do GRUMIR de maneira improcedente, situación que foi denunciada ante os sindicatos por tres persoas e que rematou en indemnización económica por parte do concello. Estes tres membros, ademais de realizar as tarefas de coordinación do servizo profesional de emerxencias, tamén eran coordinadores da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira. A situación viuse agravada pola colocación de persoal afín nestes postos de coordinación, xente sen ningún tipo de formación en materia de emerxencias e protección civil.

Ante a grave situación na que se atopa o Servizo de Emerxencias e ante a obriga de realizar traballos que non lle competen, imos preguntar o seguinte:

Solicitude Completa: Situación do servizo de Emerxencias e Protección Civil do Concello de Ribeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *