Pleno Febreiro: o Alcalde perde os nervios e insulta a varias persoas

O pleno deste mes, comezou cun bo clima coa aprobación de diversas mocións por unanimidade de tódolos concelleiros e concelleiras pero a cousa non foi a mellor.

- Moción contra a suba de impostos ás persoas autónomas 

O Goberno vén de aprobar un considerable incremento das cotizacións mínimas para as persoas autónomas que contan con 10 ou máis persoas empregadas no último ano, que representa unha suba do 22%, case 60 euros ao mes para o 80% dos autónomos/as. A consecuencia directa desta medida será afondar no estrangulamento económico ás persoas autónomas e a emprendedoras. Ademais, o efecto indirecto será a destrución de emprego neste tipo de unidades económicas ao forzar a que microempresas contraten menos de 10 persoas.

Por outra banda, tamén se produce un incremento da base mínima para persoas autónomas, que é a cotización maioritaria en Galiza, que provocará un incremento de máis de 60 euros ao ano. Non ten sentido que se incrementen as cargas sobre estas unidades económicas mentres se aumentan as axudas a grandes empresas, ao mesmo tempo que se manteñen sobre elas enormes vantaxes fiscais que impiden ao Estado manter políticas económicas anticíclicas. 

Segundo datos do Ministerio, tan só un mes despois da suba de cotas a autónomos/as, en Galiza pecharon 1.000 establecementos. E en 5 anos de goberno popular na Xunta pecharon 26.800 autónom@s.

Lembramos tamén como o concello de Ribeira segue aumentando os impostos municipais no canto de axudar aos autónomos que xeran emprego no municipio e por iso pedimos que se establezan axudas para novas persoas autónomas que xeren emprego estable pero tamén para aquelas persoas que pasan dificultades e teñan o seu negocio xa aberto.

Por iso, o grupo municipal do BNG, solicitou do Pleno da corporación municipal a adopción do seguinte acordo que non saíu adiante ao votar en contra o PP.

1. Que o Concello de Ribeira faga descontos e exencións fiscais nas taxas e impostos locais para as e os autónomos e empresas que xeren emprego estábel no municipio.
2.Que o Concello promova unha liña de axudas para o pequeño comercio que axuden a manter o emprego.

Instar á Xunta de Galiza a
3. Demandar do Goberno do Estado a un posicionamento contrario a calquera suba nas cotizacións para persoas autónomas e pequenas empresas.
4. Demandar do Goberno do Estado aprobar as reformas lexislativas necesarias de cara a promover unha reforma fiscal verdadeiramente progresiva, que grave ás grandes fortunas e grandes empresas, persiga a fraude fiscal e non incremente as cargas sobre as persoas autónomas e pequenas empresas.
5. Pór en práctica políticas activas de emprego en Galiza, como mellor mecanismo para garantir a sustentabilidade da Seguridade Social, con especial incidencia nas políticas sobre a mocidade e as mulleres, os segmentos máis vulnerábeis para a obtención de emprego.

Moción Completa: Mocion suba cota autonomos

- Moción para a protección de animais e para declarar o concello de Ribeira libre de circos con animais
A vida dos animais nos circos caracterízase polo illamento, o castigo, o medo e o cativerio. As exhibicións nos circos ofrecen tamén unha mensaxe educativa negativa. Aínda que os espectáculos circenses non amosen condutas de violencia explícita á vista do público, os actos que os animais teñen que realizar durante toda a súa vida non son habituais nin naturais e, para obrigalos a se comportaren deste xeito, sométenos a métodos de adestramento baseados no castigo físico, a privación de alimento e ao illamento do resto dos seus conxéneres. Isto conduce a conduce aos animais a estados neuróticos e comportamentos repetitivos “estereotipados”, como balancear a cabeza ou corpo, movementos circulares dentro das gaiolas e até automutilacións

Os animais que viven nos circos están obrigados a permaneceren o resto da súa vida privados de liberdade, atados, engaiolados ou encadeados en camións de traslado, negando calquera posibilidade de satisfacción das súas necesidades etolóxicas e naturais. É unha crueldade que os animais permanezan a maior parte do tempo pechados en gaiolas e estas só teñen un 27% do espazo que requerirían os animais en liberdade.

Un importante número de países e vilas de todo o mundo xa vetaron o uso de animais nos circos (máis de 11 concellos galegos o prohibiron) con base na súa protección e benestar, ao considerar que a súa exhibición e as condicións de vida supoñen unha crueldade, ao mesmo tempo que incrementan o tráfico ilegal de animais e a caza furtiva de especies protexidas.

Malia os argumentos que se expuxeron, IPR e PP decidiron non votar a favor esta moción por entender que este maltrato é segundo dixeron “unha forma de vida e de cultura”.

Por todo o anteriormente exposto propuxemos:

1. Que este concello non autorice nin promova ou ampare a instalación de circos con animais no termo municipal.
2. Declarar este concello vila libre de circos con animais.
3. Que este concello non permita a instalación de publicidade de espectáculos circenses con animais no termo municipal.
5. Que realice accións encamiñadas a evitar o abandono de animais domésticos e castigue a aquelas persoas que maltraten e/ou abandonen os seus animais.

Moción Completa: Moción relativa á protección dos animais e libre de circos con animais

- Solicitude para a revisión dunha grúa na Rúa Novoa Santos: ante a preocupación da veciñanza, solicitamos información dunha grúa de gran tamaño nesta rúa para que se revise para evitar posibles accidentes. Conseguimos que se desmontase o guindastre dúas semanas despois. 

Solicitude Completa e Fotografías: Rúa Novoa Santos, guindastre.

- O alcalde perde os nervios: 

En primeiro lugar, queremos rexeitar e recriminar a actitude que tiveron varios concelleiros do PP e o alcalde que, como representantes públicos que son, deberían dar exemplo, respectando a pluralidade de opinións e ideas e non caendo no enfrontamento e na descalificación.

Alcalde de Ribeira. Mónica Ferreiros. La Voz

A tensión comezou cando se rematou de debater unha moción da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza (C.R.M.H.B.) na que se incidía que os símbolos fascistas da ditadura debeían desaparecer e que o equipo de goberno tiña a obriga de aplicar a lei, ao igual que cumpre e aplica outras. Pedían que se lle retirase o título de fillo predilecto ao golpista José María Otero Goyanes e o nome da praza.
O Partido Popular decidiu non debater a moción e o único que votou en contra, para logo o alcalde Manuel Ruiz Rivas explicar o voto, imposibilitando así que a oposición puidese intervir. Ante as mentiras que vertía o acalde, ao dicir que os concelleiros e concelleiras da corporación municipal de 1985 aprobaran unanimente o cambio de nome de 20 rúas de asasinos fascistas por outros nomes, tanto o voceiro do BNG, Vázquez Cobas e o historiador e presidente da C.R.M.H.B., Xan Hermida, negaban as mentiras cos documentos na man (só BNG e PSOE apoiaran o cambio daquela data). Xan marchaba do salón de plenos mentres o alcalde lle gritaba que se presentara ás eleccións e gañase para facer o que lle dese a gana (o que se pedía era que se cumprise a lei non simples caprichos).
O secretario da C.R.M.H.B. tamén saía do pleno dicindo que as ideas fascistas non se poden defender, momento que o alcalde mandou os dous policías locais presentes que o identificasen e culpando á oposición desta liorta. Ante tales acusacións sen razón de ser, os concelleiros do BNG defendémonos ante chamadas á orde.

Xa na saída do Pleno Municipal, ás portas do Concello, encontrábanse membros da C.R.M.H.B. e diversos concelleiros/as da oposición falando. No momento en que saía o alcalde, chamoulles idiotas de mierda a membros da C.R.M.H.B. e mesmo chegou a haber ameazas a algún membro polo que se pediu respecto e que ese non era xeito de actuar dun alcalde, insultando a membros dun colectivo e a veciñ@s de Ribeira.

Esta liorta, ás portas do Concello produciuse ante a mirada de varias testemuñas e de dous policías locais que tiveron que separar a un concelleiro do PP que se encaraba ao presidente da C.R.M.H.B., mentres o alcade era apartado por outro dos seus concelleiros.

Unha imaxe deplorábel e moi criticábel por parte dun cargo público como é o mandatario dun concello!

Outros temas:

Cesión campo fútbol Carreira ao Concello de Ribeira, pasando a ser público.
Aprobación do regulamento de Servizo Axuda no Fogar.

8 Comments on “Pleno Febreiro: o Alcalde perde os nervios e insulta a varias persoas”

  1. Este deplorable profesor político y sus palmeros,fueron los que insultaron a una autoridad,como es el alcalde.Que pro etarras del bloque se una a él y vengan ahora a dar lecciones es lamentable.Este profesor que sólo tiene memoria de una parte de la historia demuestra su incapacidad para poder dar clase,debido a la manipulaciòn que hace con menores a su cargo.El generador de odio que demuestra cada día que es este periódico panfletista y subjetivo sí que merece que le viertan encima toda la porquería posible.En este pueblo siempre ha habido una convivencia ejemplar,que ahora quieren romper fanàticos radicales a la altura de los talibanes,con una amargura existencial que sale a relucir en cada uno de sus actitudes,todo ello aderezado con pseudo periodistas .Vergonzoso.

  2. El anterior comentario iba dirigido principalmente a los responsables de Certo,que enlaza a su web,de ahí la referencia a los periodistas.

  3. Creo que dicir ese tipo de barbaridades non é razoábel Óscar. Dicir que os membros do BNG somos uns pro etarras cando sempre condenamos calquera tipo de violencia, sexa do tipo que sexa demostra a falta de argumentos e dun mínimo respecto.

  4. Tengo todos los argumentos a mi favor, porque el BNG concurre a las europeas con BILDU, que no son precisamente defensores de los Lunnis.Vuestro anteriormente tan amado Beiras,ha defendido la lucha armada principalmente en los años de plomo en el País Vasco., cuando era el jefecillo del partido, ni se condena con firmeza a Resistencia Gallega o a AMI.Llamar fascista a una autoridad sí que es carecer de argumentos.Quizás por eso ha tenido tantos votantes el BNG en las últimas elecciones, Además que un nacionalista me dé lecciones de respeto es como si Paris Hilton me las dé de castidad.Por cierto yo entiendo el español o el galego , no el portugués, lo digo por las palabritas ridículas acabadas en -el..A estas alturas, campeón ,ya sabemos que collar lleva puesto cada mascota, siendo el nacionalismo el cáncer de cualquier nación.

    1. Óscar, Bildu é un partido político legal como outro calquera así que gústeche ou non, está dentro da lei e apoiado por milleiros de vascas e vascos.
      Beiras xa non está no BNG así que non vou opinar del, durante uns anos foi o cabeza do partido certo mais as consecuencias do que se fixo mal xa foron pagadas.
      Desde o BNG non se chamou nunca fascista a ninguén e a violencia condenamos toda e veña de quen veña.
      Para rematar, dicirche as formas rematadas en -bel son perfectamente galegas, así que non teñas medo a usalas home, a cultura xa sabes que non ocupa lugar.
      Bo día!

  5. Boas señor Mariño. O que parecía unha doce lexislatura, entre inauguracións e actos con toda a pompa e gloria como á vella usanza, estase a converter nun camiño tedioso, non si? E iso doe, por iso vostede entra aquí, pretendendo calumniar e defenderse dun xeito máis que cuestionábel.

    Imos por partes. En primeiro lugar quero indicar que Bildu condea firmamente a violencia en Euskal Herría, tal e como precisan estatutariamente e nas súas teses políticas. En segundo lugar, o BNG sempre condeou a violencia. Tamén a violencia que exerce o PP através das institucións do Estado, violencia esta que é tan ilexítima como a de ETA: preferentistas que se suicidan, recortes en sanidade que matan, restricións do ensino ás clases máis acaudaladas, traballadores retornados estafados namentres os corruptos se ven amnistiados, familias desafiunzadas, persoas con enfermidades crónicas obrigadas ao pago de fármacos, a farmacia hospitalaria absolutamente privatizada, desmantelamento de servizos sociais básicos como o 065 ou un anteproxecto de lei, a de “seguridade cidadá” (sic), que é impropia de Estados democráticos. E isto Mariño, tamén é violencia e no BNG e BILDU tamén a condeamos!

    E namentres os cidadáns vivimos esta situación de inxustiza social, o PP, e o PSOE, están integralmente volcados na corrupción e en sistemas internos non democráticos, onde a militancia carece de voto e de capacidade de liderato. E

    En Ribeira tamén hai firmes indicios de corrupción, non só polo que apuntou recentemente a apertura parcial do sumario instruído no caso Pokémon onde se apunta directamente ao Alcalde Ruíz. Tamén queda moito por saír á luz pública. A vostede sóalle OZIONA, OURI PRODUCCIONES ARTÍSTICAS ou a UTE conformada por HAPPY PARK - GOLFIÑO XESTIÓN DE OCIO, ou os amaños empresariais que tantos anos se apoderaron do Concello?

    E un par de apreciacións finais. O fascismo non é un insulto, é un movemento político e social de carácter totalitario. Do mesmo xeito, tamén lle teño que indicar que segundo a última modificación ortográfica da RAG, as palabras con terminación -ble tamén aceptan a opción -bel. Demasiada ignorancia, señor Mariño. Nestes casos, opte polo silencio. Agradecémosllo todos.

    O asunto troncal aquí é que todo isto dóevos moito; que saia á luz pública o que realmente representades: a podredume política máis noxenta que endexamais nos gobernara. Tedes os días contados.

  6. ...os feitos palpàbeis son que un militar con rango sobre tropas dunha Repùblica- que funcionando ben ou mal fora elexida democraticamente- da un GOLPE de ESTADO e instaura durante 40 anos unha das DITADURAS màis duras da idade contemporànea (os datos estàn aì)
    ...os feitos palpàbeis son que 40 anos despois hai un partido polìtico disque democràtico (PP) que aìnda non condeou ese LEVANTAMENTO e non aplica a Lei de Memoria Històrica.
    ...os feitos palpàbeis son que Ruìz Rivas non axuda a que se cumpra a Lei e pretende manter a “convivencia cidadà” a costa de que NON HAXA XUSTIZA.
    ...Bildu està rexistrada como organizaciòn polìtica legal (coma o PP)...se alguèn de Bildu comete un delicto xa se ocuparà a Xustiza de xulgalo.
    ...e o tema BNG - terrorismo…penso que nin merece a pena aclarar nada…sò mentes cortas e enfermas queren volver entrar nesa cuestiòn reeditando a polèmica que dècada si dècada non levamos soportando dende a nosa fundaciòn.
    O dito…queremos que os crimes do FRANQUISMO non queden impunes…è a ùnica maneira de pechar esa ferida e de empezar de novo unha convivencia REAL.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *