Plataforma da Sanidade, Mulleres en Acción e BNG xuntámonos para falar sobre a involutiva lei do Aborto

As Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, a Plataforma Mulleres en Acción e membros do BNG da Barbanza e a Deputada no Parlamento Galego, Carme Adán, xuntámonos en Ribeira co obxectivo de falar dos cambios que, de xeito unilateral, pretende facer o Partido Popular na lei do Aborto.1965650_638339036203060_45577137_o

As representantes das plataformas destacaron o negativo que vai supoñer a aprobación da lei cos cambios involutivos e de forte carácter relixioso que o PP pretende aprobar. Deste xeito explicaron que as mulleres terán que abortar fóra do Estado español poñendo en risco as súas vidas e gastando cartos (no caso de telos) en clínicas privadas. “Esta lei coarta a liberdade das mulleres e impón a ideoloxía ultraconservadora e relixosa” ou “queren eliminar a capacidade de decidir de cada muller a abortar ou a non facelo” destacaron as integrantes das plataformas.

Temos que lembrar que, desde que Feijóo chegou ao poder, os Centros de Orientación Familiar (COF) que atenden a mulleres viron reducidos os seus recursos e recortouse o seu persoal, as políticas afectivo-sexuais desapareceron, a Xunta financia directamente á Red Madre (plataforma ultraconservadora), hai maior restrición de medios anticonceptivos ou o desmantelamento dos Centros Quérote que proporcionaban información á mocidade sobre todo o referido á sexualidade, son algúns dos exemplos dos recortes en materia sanitaria e sexual do goberno do PP.

Desde o BNG, a deputada Carme Adán, así como o responsábel comarcal Severino Romero ou a vicerresponsábel Raquel Suárez, explicaron que non se vai participar destes cambios que suporán unha volta ao pasado en dereitos da muller, loitaremos para que se garanta que en tódalos hospitais públicos galego se poidan facer interrupcións voluntarias de embarazo, garantir información obxectiva e promover campañas de información sobre métodos anticonceptivos para evitar prácticas de risco.BhAZZVeIgAAS3_L.jpg:large

Despois desta xuntanza, os membros do BNG saíron á rúa para facer un reparto de dípticos explicativos con todas estas medidas que o Bloque vai defender.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *