20-F volvemos saír á rúa para defender o ensino público

Este xoves 20 de febreiro está convocada unha xornada de folga estudantil para rexeitar a coñecida como a lei da Wertgoña, a  LOMCE. Esta folga servirá para amosar, non só o rexeitamento á LOMCE, senón que servirá para mostrarmos unha firme defensa do ensino público.

Algúns datos desde que chegou o Partido Popular ao poder, no ano 2009: Elimináronse máis de 1.000 postos de profesorado, eliminouse o programa de gratuidade de libros de texto por un modelo que agora gasta máis có anterior e do cal se beneficia menos do 50% do alumnado, os comedores escolares incrementaron o seu custo un 40%, etc mentres deterioran o ensino público, o ensino privado leva 250 millóns de cartos públicos.

Cartel folga 20-F Galiza Nova

Alexandre Ríos Batista, estudante, membro de Galiza Nova e responsábel da área de mocidade en Ribeira, anima a apoiar a folga contra a situación limite que están a vivir moitas e moitos estudantes debido aos recortes das bolsas e das axudas universitarias. Alén diso, moitas familias están pasando moitas dificultades para mercar libros e material escolar ou en mandar aos seus fillos e fillas á universidade.

A organización xuvenil Galiza Nova, durante as últimas dúas semanas, desenvolveu nos institutos da Pobra do Caramiñal, Boiro e Ribeira unha campaña para explicar os motivos da Folga do 20 de febreiro, facendo repartos do material e xuntanzas informativas co estudantado.

Desde Galiza Nova reiteran a importancia de que a mocidade da comarca apoie a Folga e acuda á manifestación que hai convocada o xoves 20 en Ribeira, ás 12.00h desde a Estación de Bus até a praza do Concello. Debemos amosar o noso rexeitamento maioritario ás políticas educativas coas que o PP pretende acabar co ensino público galego e que eliminan a igualdade de oportunidades debido á elitización da educación. Desde o sofá non hai solución, hai que erguerse polos dereitos máis básicos que nos queren furtar!

FOTOGRAFÍAS DA MANIFESTACIÓN: Contra a LOMCE por un ensino público galego e de calidade.

Unha reflexión sobre “20-F volvemos saír á rúa para defender o ensino público

  1. Starr

    Hello Tama, super ton tour de Suisse, merci pour ton gentil commentaire, efneetivemcft je vais surement faire le marché de Noel a Orbe avec mon chéri, si tu es tentée avec tes magnifiques colliers , je suis sur que tu aurais beaucoup de succès, biz

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *