Denunciamos o escandaloso malgasto de cartos públicos

Os membros do Consello Local do BNG, Xosé Antonio Vázquez Cobas, Alexandre Ríos e Luís Pérez, compareceron hoxe en rolda de prensa para denunciar o malgasto de cartos públicos que o goberno do PP en Ribeira está a facer.Luís Pérez Barral, Xosé Antonio Vázquez Cobas, Alexandre Ríos Batista. BNG Ribeira

Queremos destacar que o malgasto de 14.000€ nunha revista de propaganda do Partido Popular fíxose sen tan se quera informar aos grupos políticos que forman parte do Concello e, polo tanto, non temos nada que ver con esta publicación. Ademais disto, opoñémonos ao gasto cartos públicos en publicidade partidista.
Por coherencia e para amosar o noso rexeitamento, devolvémoslle a revista ao alcalde, porque non a queremos!
Alén destes gastos, tanto o portavoz Vázquez Cobas como o concelleiro Luís Pérez, debullaron outros despilfarros como os máis de 10.000€ en teléfono da Alcaldía ou os escandalosos gastos en publicidade e protocolo.

Cremos que non é racional gastar esta cantidade de cartos cando soben as taxas e impostos municipais un 5% en dous anos e contraponse aos tan só 7.000€ para novas adquisicións da biblioteca, á redución de 7.000€ en servizos sociais, 2.000€ menos á Unidade de drogodependencias (UAD), ou a baixada de 2.000€ da Oficina de Municipal de Información ao Consumidor (OMIC).

Cartaz malgasto cartos públicos. BNG Ribeira

Cabe lembrar que Ribeira ten máis de 2.000 desempregados/as e que desde 2010 tiveron que emigrar 1915 persoas do noso Concello, dos cales una maior parte eran mozos e mozas.

Mentres o goberno do PP en Ribeira gasta cartos na súa propia publicidade e máis de 700.000€ de xeito opaco sen que se saiba o destino destes cartos, seguimos carecendo de plan de emprego, plan de dinamización e axuda ao pequeno comercio ou plan de dinamización hostaleira.

Desde o BNG seguiremos loitando para rematar co malgasto de cartos públicos para que se invistan en partidas realmente necesarias así como en servizos públicos esenciais tales como sanidade, dependencia ou ensino.

Carta do Portavoz coa que devolvemos a revista: Carta para o Alcalde, non queremos a súa revista

Vídeo rolda prensa: Denunciamos o escandaloso gasto de cartos públicos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *