Moción para garantizar a subministración eléctrica a xente sen recursos económicos

Presentamos unha moción para o pleno deste mes ante os elevados casos de cortes de luz a familias sen ou con baixos recursos económicos.

Temos que ter en conta que Ribeira ten máis de 2.000 desempregados/as e en Galiza hai hai máis de 650.000 persoas que están en situación de pobreza93.000 fogares con todos os seus membros no paro (12.000 máis que o ano pasado) e existen máis de 33.000 fogares sen ningún tipo de ingresos, confirmando datos terríbeis de pobreza infantil que no Estado español acada a cifra de 2,2 millóns de nenos e nenas por baixo do limiar da pobreza ou que 6 de cada 10 familias chegan con maiores dificultades a fin de mes.
Datos referidos ao Estado español demostran que, durante o ano 2012, foron 1,4 millóns de familias as que padeceron corte na subministración eléctrica.

A estes nefastos datos temos que sumarlles os repagamentos na sanidade, a redución das prestacións por desemprego, o encarecemento do recibo da enerxía (gas e electricidade) ou a redución dos Orzamentos do Estado e da Xunta.

Luz, BNG RibeiraO goberno local debe impulsar por medio dos servizos sociais públicos, medidas específicas dirixidas a persoas en risco de exclusión social e con necesidades especiais para garantir o benestar, a saúde e calidade de vida nesta situación dramática que padecen.

Países europeos, como Francia, limitan durante o tempo invernal os cortes de subministro eléctrico a familias sen recursos que non teñen cartos para pagar o recibo da luz. Alemaña paga a calefacción e o aluguer das persoas en paro de longa duración. Cataluña estuda prohibir os cortes de enerxía a familias na pobreza.

Esta situación prodúcese nun contexto en que Galiza é excedentaria na produción de electricidade. Así, mentres padece os custos sociais e medioambientais que supón a xeración eléctrica, non obtén ningún beneficio desta condición.
Por iso, o grupo municipal do BNG, solicitará do Pleno da corporación municipal a adopción do seguinte

ACORDO

1. Que o Concello de Ribeira interveña presionando ás compañías para que non corten o subministro eléctrico nos casos de que familias deste municipio sen recursos vaian quedar sen el.
2. Estudar desde o departamento de Servizos Sociais posíbeis actuacións futuras para evitar que nos meses de máis frío se produzan cortes.
Instar á Xunta de Galiza ás seguintes cuestións:

3. Realizar as modificacións lexislativas necesarias para garantir o subministro enerxético ás familias que estean en situación de pobreza e, entre tanto, adopte medidas prácticas para evitar as dramáticas consecuencias desta problemática nos fogares galegos máis desfavorecidos.
4. Demandar do Goberno do Estado español que non incremente o recibo da luz para o 2014.
5. Solicitar do Goberno do Estado español que permita a creación dunha tarifa eléctrica galega que, atendendo á condición de Galiza como excedentaria na produción de electricidade, posibilite unhas menores tarifas tanto para o consumo doméstico como para as empresas.

Moción Completa: Moción garantía subministro elect. persoas sen recursos

One Comment on “Moción para garantizar a subministración eléctrica a xente sen recursos económicos”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *