Bo nadal e venturoso 2014

Os e as militantes do BNG Ribeira, aproveitando a figura do Apalpador, queremos felicitarvos o nadal e desexarvos un ventureiro ano 2014. Malia estaren marcadas polos malos datos económicos, emigración e dificultades, nestas datas queremos trasladarvos o ánimo e a enerxía necesaria para superar todos os malos momentos. Pola nosa parte, seguiremos traballando por mellorar a situación do noso País, pensando sempre nas persoas, que é o primeiro, porque Galiza pode! as galegas e galegos podemos superar as adversidades e crearmos un futuro mellor!

Apalpador Ribeira

E quen era o Apalpador?
O Apalpador, tamén chamado Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos e nenas polas datas de Nadal. Ata os nosos días amósase como un xigante que baixaba das devesas e apalpaba as barrigas d@s cativ@s. Se estaban cheas dicíalles: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas, aos que as tiñan baleiras tamén lles deixaba unha presa de castañas algo maior para que non pasaran fame.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *