Pleno Novembro 2013

O luns 25 de novembro no Pleno da Corporación Municipal de Ribeira tratáronse os seguintes asuntos:

- Moción contra a Violencia machista e contra os recortes en axuda ás vítimas: a concelleira Dores Vidal finalmente non tivo que ler a moción porque se conseguiu aprobar unha declaración respaldada por todos os partidos e que recollía algúns dos puntos da moción do BNG, entre os que se pedía;

>Mellorar a información, asistencia e protección das vítimas de violencia machista.
>Mellorar as axudas económicas e ampliar o tempo a 18 meses podendo prorrogalos a 24.
>Atención psicolóxica dentro da atención primaria.
>Creación de xulgados específicos sobre violencia de xénero.

Moción Completa: Moción contra a Violencia Machista

- Moción Ordenación e mellora viaria do entorno de Cubeliños-Abesadas: Xosé Antonio Vázquez Cobas, expuxo a necesidade de acometer melloras viarias no entorno no que está o colexio García Bayón, CEIP Frións, o IES Leliadoura e a Gardería Municipal e a Aula de informática CEMIT. Comprobamos como cada vez que hai mal tempo e son as horas de saída e entrada aos centros educativos prodúcense retencións e non existen lugares axeitados para o estacionamento (aínda que sexa temporal) de vehículos. Ademais disto, incidimos na necesidade de dotar varias zonas de beirarrúas para evitar que se teña que andar pola estrada, co risco que isto supón para condutores/as e as persoas.

Malia que o equipo de goberno recoñeceu que era unha necesidade e que actuarían na zona para subsanar deficiencias, iloxicamente o PP votou en contra da moción.

Fotografías da zona: Ordenación viaria de Cubeliños-Abesadas

- Moción contra o copago de medicamentos a doentes crónicos: Antón Parada denunciou este novo imposto á enfermidade que o PP lles quere cobrar ás persoas crónicas que, en moitos casos, están polimedicadas. Son fármacos para o tratamento de enfermidades graves: cancro, tumores, leucemia, hepatite C, artrite reumatoide, dexeneración muscular…
Unha vez máis, o PP ataca economicamente á xente no canto de subir os impostos directos ás grandes rendas e loitar contra a fraude fiscal para financiar os servizos públicos. Varios concellos do BNG rebeláronse contra este imposto antisocial e van asumir o copago para evitar unha carga máis aos doentes crónicos, pero non así o Concello de Ribeira que asume outro novo golpe ás economías da xente.

Moción Completa: Moción copagamento persoas doentes crónicas

- Moción contra a impunidade da marea negra do Prestige e a prol da transferencia das competencias marítimas: o concelleiro Luís Pérez Barral, defendeu a necesidade de que Galiza conte con poder de decisión sobre as súas costas para poder previr e xestionar catástrofes coma a do Prestige e outras. Non pode ser que o litoral de Galiza é o máis afectado do mundo pola contaminación derivada de accidentes marítimos e que a Xunta estea á expectativa.
En 43 anos houbo 7 buques que provocaron vertidos de hidrocarburos e produtos altamente contaminantes. A pesar deste balance, as autoridades xudiciais permiten, tras 11 anos, a pervivencia desta situación de risco e a impunidade dos responsábeis.
Denunciamos que, con esta sentenza prémiase o feito da marea negra e que os seus responsábeis queden impunes, demostrando que quen contamina non paga! Así mesmo, pedimos que o PP retirase as acusacións de que o movemento Nunca Máis só era un movemento para prexudicar ao propio Partido Popular.
(Para poder verdes o que solicitabamos podedes consultade a moción).

Moción Completa: Moción Prestige impunidade marea negra e transf. compet. marítimas

Solicitudes e Rogos:
>Mellora da sinalización de pasos de peóns e pintar aqueles que non se vexan ben.
>Dotar de beirarrúas para a estrada da Graña ao seu paso por Carreira.
>Dotar de beirarrúas a estrada da Graña até o miradoiro da Lagoa de Vixán.
>Pintado de separación dos carrís de dobre sentido na rúa Rosalía Castro (entre o cruce da coa rúa de Galicia e o Malecón).
>Mellora da recollida do lixo.

Outros asuntos:
>Subida dun 33,5% do cánon que o Concello lle pagará a Sogama pola recollida do lixo. Desde o BNG incidimos na necesidade dun cambio de modelo fundamentado na reciclaxe e na reducción de residuos por ser máis ecolóxico e crear máis postos de traballo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *