Asemblea informativa para os emigrantes retornados sobre as pensións e sancións de Facenda

Desde o BNG imos realizar unha charla informativa dirixida a todas aquelas persoas que están a recibir requirimentos da Axencia Tributaria tras estar emigrados en pasados anos e agora verse afectados pola reforma da Lei 35/2006 feita no ano 2008.

Esta asemblea informativa celebrarase o VENRES 18 DE OUTUBRO ÁS 20:30h NO BAIXO DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE RIBEIRA.

Nela, estarán presentes, a deputada galega Montse Prado e o presidente da Asociación de Emigrantes Retornados Marusía, que explicarán en que afecta e que se pode facer para solucionar este problema.Acto emigrantes Ribeira

Desde o BNG denunciamos, por unha banda, que o goberno non fixese o traballo de información ás persoas afectadas desta modificación e agora, despois de 5 anos, xusto a piques de cumprir o tempo de prescrición en Facenda, comecen esta “caza de bruxas” contra eles. Por outro lado, e o máis relevante, denunciamos a discriminación a que se somete aos pensionistas que tiveron que emigrar no seu momento. Desde o BNG poñemos sobre a mesa o inxusto que é que persoas que reciben pensións baixas, despois de pasar toda a súa vida a traballar fóra do seu país teñan que pagar sancións só polo feito de recibir esas pensións de dous países diferentes

Estamos a desenvolver traballo nas institucións a respecto deste tema. Así, fixemos unha proposición non de lei no Congreso dos Deputados e tamén no Parlamento Galego para que se revoguen os expedientes de cobro xa iniciados e se anulen os expedientes sancionadores xa que non había vontade de defraudar, senón que o que había era falta de información.

Fotos do acto: Charla informativa emigrados retornados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *