O BNG solicita a construción e limpeza de beirarrúas en Carreira

Vimos de presentar no Concello de Ribeira varias solicitudes de dotar e mellorar a limpeza de varias beirarrúas da parroquia de Carreira, en concreto nos lugares de Vixán e Campos.

No primeiro caso, a estrada que comunica Carreira coa Graña, Couso e Aguiño carece debeirarrúa pola súa marxe esquerda e dos servizo de canalización asociados. No caso da estrada que vai desde Vixán ao miradoiro da lagoa, é patente a necesidade de dotar beirarrúas este tramo, xa que carece delas en ambas marxes e a súa pendente fai que as augas ocasionen desperfectos  nas propiedades adxacentes. Por outro lado, é unha vía de tránsito de vehículos pesados cara o polígono de Couso e acceso ao Parque Natural (unha das súas xoias máis singulares é a Lagoa de Vixán e o miradoiro ornitolóxico que é visitado ao longo de todo o ano por numerosos visitantes e estudosos). Como mostran as fotografías a estrada carece de beiravías e espazo, ademais de falta de visibilidade por mor das curvas, para os peóns que  - necesariamente – teñen que invadir a estrada co risco de seren atropelados.

Por último, no caso do lugar de Campos, a entrada ou saída da curva da muiñeira, a beirarrúa  - que xa é estreita – faise aínda máis ao invadir máis das tres cuartas partes do seu espazo a  broza. Isto resulta perigoso para os peóns pois vense obrigados a baixaren para a estrada correndo risco de atropelo.

Todas as fotografías das zonas: Solicitamos a dotación e limpeza de beirarrúas en Carreira
Solicitudes completas:
Solicitude estrada a Graña
Solicitude Vixán- Lagoa
Rogo Campos- Carreira

Unha reflexión sobre “O BNG solicita a construción e limpeza de beirarrúas en Carreira

  1. Pingback: Pleno Novembro 2013 | BNG de Ribeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *