Solicitamos a mellora da recollida de lixo en Corrubedo

Corrubedo conta cun enorme potencial turístico. O seu faro, o parque natural, as praias, o porto, a gastronomía, as festas, etc son focos de atracción para milleiros de visitantes que cada verán se achegan ou veranean neste lugar.Corrubedo

Parece pois, que un entorno natural e turístico privilexiado como é Corrubedo, estea ben coidado e se mire ata o máis mínimo detalle se queremos que os e as turistas volvan e recomenden o lugar, mais tamén que veciños e veciñas teñan os dereitos que merecen.

Así e todo, vimos constatando que o Concello de Ribeira está descoidando algo tan fundamental como é o servizo de recollida de lixo, xa que a maior parte dos contedores que hai, pasan varios días acumulando lixo e desbordados con bolsas de residuos orgánicos.

Como é posible que poidan botar varios días os contedores con bolsas polo chan e desbordados en pleno verán?
Como é posible que se instalen contedores diante da praia do porto de Corrubedo e a escasos metros de restaurantes de comida?

Desde o BNG cremos que é algo que hai que coidar e que se ten que mellorar se queremos coidar o noso turismo, do que tanto fai gala o alcalde, pero sobre todo coidar as parroquias para as veciñas e veciños que viven alí durante todo o ano.

Solicitamos por todo isto o seguinte:

1. Que o Concello de Ribeira aumente e mellore o servizo de recollida de lixo na parroquia de Corrubedo.
2. Que se busque un novo emprazamento para os contedores que hai diante da praia do Porto de Corrubedo
3. Que se manteñan os contedores limpos.

Solicitude Completa: Solicitude mellora recollida lixo Corrubedo
Tódalas fotografías: Flickr BNG-Ribeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *