Demandamos máis seguridade na estrada de Castiñeiras

Xa dende hai algúns anos que se constata que pola Estrada Xeral de Castiñeiras, sobre todo en determinados días da semana e a determinadas horas, os veículos circulan a unha velocidade excesiva —o límite dese vial en teoría debería ser de 50 km/h, por mor da continuidade e abundancia de edificacións—; especialmente no tramo á altura da Praia dos Mosqueiros. Hai dous anos fíxose, por parte dalgúns veciños e veciñas, unha solicitude para buscar unha solución a dito problema. Situación que se acrecenta coa chegada de visitantes ás nosas praias e festividades no noso Concello —Festa da Dorna, Festas do Verán, Festas de Castiñeiras, etc.—, mais polo de agora non se albiscou solución ningunha a tal problema. Nos derradeiros días producíronse varios atropelos de mascotas. ¿Que vai pasar cando o atropelado sexa un meniño ou unha persoa de idade?. Sabemos que anteriormente, por parte do Concello, se fixeron varios intentos de limitación da velocidade que resultaron inutiles e non contaron coa aprobación da veciñanza.

Solicitamos:

- Que os técnicos deste concello en colaboración cos da Deputación Provincial —titular do vial—, dadas as características deste estrada, determinen a velocidade a que deben circular os vehículos.
- Que se doten de beirarrúas os tramos que non as teñen.
- Que se estuden os elementos axeitados para que os vehículos circulen a unha velocidade que non poña en perigo a integridade de viciños, meniños, mascotas, etc. (Contando tamén coa participación dos veciños e veciñas).

Solicitude Completa: Seguridade estrada de Castiñeiras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *