Como nos afecta a crise?

Este venres, 12 de xullo ás 20:30h, diante do Palco da Música do Malecón, presentaremos a campaña “Non é unha crise, é un roubo!”Non é unha crise é un roubo. Ribeira

Con esta campaña queremos destapar algunhas das medidas inxustas que se están a tomar aproveitando a crise económica, así como analizar como afectan os recortes e as políticas de austeridade a varios sectores como vivenda, ensino, sanidade ou preferentes. Para isto, convidamos a diversas plataformas e colectivos que nos contarán as problemáticas que están a afrontaren.

Finalmente intervirá Rosana Pérez, deputada no Congreso dos Deputados, para explicar as alternativas que propoñemos para mellorar a situación pola que atravesamos.

Anímate a acudir ao acto e expón a túa problemática ou as túas alternativas!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *